Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 13 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Alameda da Guarda acolle este sábado a II Mostra Asociativa

Este sábado día 15 de setembro, a Alameda da Guarda acolle a segunda edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila son as protagonistas dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes.

 

O evento terá lugar dende as 10:30h da mañá e contará cunha ampla programación con diversas actividades, actuacións, obradoiros, xogos, demostracións, exposición fotográfica, photocall, entre outras.

 

As diferentes asociacións explicarán o seu traballo nun espazo radio no que os representantes das mesmas darán informacións de interese para o público asistente.

 

Dende o Concello da Guarda convídase a todos e todas a participar nesta actividade e coñecer de primeira man o traballo e esforzo que se leva a cabo dende as diferentes asociacións da nosa vila, nunha xornada aberta á participación da cidadanía e que pretende converterse nun punto de intercambio de experiencias.

 

PROGRAMA
10:30h – Apertura da Mostra
Intervencións de membros de asociacións no espazo radio
11:00h - Exhibicións Club Deportivo Baixo Miño
11:30h - Intervencións de membros de asociacións no espazo radio
12:00h – Actuación Do Lusco ó Fusco
12:30h - Intervencións de membros de asociacións no espazo radio
13:00h-13:30h Exhibición Centro Do-Majó
13:30h – Últimas intervencións de membros de asociacións no espazo radio
14:00h - 16:00h - Xantar, convivencia, trae a túa comida e senta con nós. Chocolatada xentileza de Érguete Baixo Miño.
16:30h - 17:00h - Actuación de Na Revolta
17:00h - 17:30h – Mini Torneo a cargo de A Guarda Hockey Liña
17:00h – Obradoiro de batidos saudables e decoración con banderolas a cargo de Érguete Baixo Miño e Cruz Roja Baixo Miño
17:30h Xogos tradicionais a cargo do Sporting Guardés
18:00h – 18:30h – Actuación da Agrupación Musical da Guarda
18:30h - 19:00h – Actuación de Ballet Studio 88
19:00h – 19:30h – Actuación de Xamaraina e do Coro Arpegios Cantábile
19:30h – 20:00h – Actuación Vento Mareiro
20:00h - Concerto de Rock da Asociación Rock´n´Rolla

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.