Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 13 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán ofrece o seu primeiro curso de 'Copilotaxe de Rallye' destinado á mocidade

É gratuíto e o prazo de inscrición comprende dende mañá día 
12 ao 25 de setembro

 

O Concello de Nigrán, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza o seu primeiro curso “Copilotaxe de Rallye”, que será impartido polo piloto local Ezequiel Salgueiro. Este desenvolverase en dúas xornadas, o venres 28 de setembro de 16:00 a 20.00 horas para abordar os contidos teóricos básicos, e o sábado 29 de 10.00 a 14.00 horas para por en práctica as ensinanzas teóricas nun tramo de probas, con piloto e instructores.

 

O curso dispón dun total de 16 prazas e está dirixido a empradoados en Nigrán con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Estas prazas cubriranse por  orde de inscrición reservando sempre un 50% para mulleres e o outro 50% para homes.

 

As persoas interesadas poderán inscribirse dende o día 12 ata o día 25 de setembro, para o que deberán descargar o formulario de inscrición da páxina do Facebook Concello de Nigrán e envialo ao  seguinte enderezo omixnigran@nigran.org xunto cunha copia do DNI e autorización da nai, pai ou persoa responsable da ou do menor (necesaria únicamente para persoas de 16 a 17 anos). En caso de non dispoñer de Facebook o interesado pode solicitar a documentación tamén a través do mail omixnigran@nigran.org.

 

Para mais información poden dirixirse aos teléfonos 986383081/661377343  ou no correo omixnigran@nigran.org.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.