Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 17 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

PP denuncia "Goberno Municipal segue sen contratar aos traballadores subvencionados"

A falta de planificación do Goberno Municipal e a súa aposta pola privatización dos servizos, continúa. O grupo municipal do PP advertía a principios de Agosto que se estaba a desaproveitar achegas económicas nun área tan sensible como o emprego. A día de hoxe, segue a diminuir o tempo posible de contratación para a contratación destes desempregados

O PP do Porriño asegura nun comunicado que "a falta de previsión e dedicación do Goberno do Concello do Porriño segue quedando de manifesto ao impedir que 27 persoas en situación de desemprego poidan estar hoxe en día traballando".


"Publicadas as bases de selección en xuño de 2017, a día de hoxe segue sen resolverse este proceso selectivo que permitiría que estes traballadores  puideran estar realizando os distintos servizos que foron solicitados a través da achega da Deputación, que facilitaba a contratación dende principios de 2018" explican os populares.


Dende o PP local engaden que "Tal e como anunciara o Goberno Municipal, o pasado 3 de xaneiro publicáronse no BOP as bases reguladoras e convocatoria do Plan Concellos 2018-19 da Deputación de Pontevedra que inclúe unha liña de subvencións para a contratación de persoas desempregadas mediante a cal se podería contratar a 27 persoas durante un ano a xornada completa. Estes contratos poderían iniciarse dende xaneiro e finalizar como máximo o 31 de decembro de 2018. Pois ben, a falta de dilixencia do executivo que preside Eva García , deixa a estas persoas sen a oportunidade de traballar durante todo un ano pois, a día de hoxe os procesos de selección -que se fixeron sen publicidade algunha que dera opción a todos os veciños e veciñas a rexistrarse nas especialidades requeridas- non están resoltos. Desaproveitando as achegas económicas nun área tan sensible como é o desemprego , o Goberno Municipal solo podería contratar a estas persoas desempregadas por 3 meses que serían os que quedarían ata o 31 de Decembro ,fecha tope de finalización dos contratos según a citada subvención".


Para os populares "a mala xestión da coalición, non só afecta aos traballadores, senón ao Concello do Porriño que prescinde así de persoal para levar a cabo as tarefas que ían desempeñar estas persoas en Parques, Xardíns e limpeza, Vías e Obras, UAD, eduación, recursos humanos e arquivo".


"Non hai forma de xustificar que se desaproveiten estas axudas que durante anos permitiron ao Concello dispoñer de persoal para estas áreas e non ter a necesidade de contratar estes servizos de maneira externa", apunta M. Alejandro Lorenzo, " A falta de planificación, a súa aposta pola privatización dos servizos, e en definitiva, a nefasta xestión en materia de emprego e formación deste Goberno Municipal os leva a deixar sen un posto de traballo a persoas que se atopan en situación de desemprego. A súa irresponsabilidade deixa a aos porriñeses sen esta posibilidade da que xa se están beneficiando fai meses os veciños e veciñas doutros concellos da provincia".


Así, aseguran "pódese constatar que Concellos como o de Mos xa ten as persoas contratadas dende Maio e ata Decembro, o Concello de Redondela dende Xuño ata Dcembro , ou Lalín e Silleda  que os anunciaron dende Abril a Decembro do ano 2018, evidenciando a contratación de diferente persoal a través da citada subvención por mais de 9 meses.  No Concello do Porriño ó prazo continúa diminuíndo, sendo xa de tres meses como máximo".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.