Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 14 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Julia Rodrigues será nova representante do Miño en "Recantos" da TVG

 

Julia Rodrigues, natural dunha parroquia de Salvaterra de Miño chamada Pesqueiras, sempre tivo claro que nacera por e para a música. Por iso, dende os 3 anos empezou a formarse nunha academia de música, e anos máis tarde, comezaba a súa carreira profesional no conservatorio ‘Mayeusis de Vigo’, nas especialidades de piano e canto, compaxinando á vez cos correspondentes estudos de ESO, Bacharelato e universidade.

 

Actualmente está a  prepararse para facer as probas de acceso a superior de música.

 

Dende entón, e grazas ao seu empeño, esforzo e dedicación, tivo a oportunidade de facer diversas actuacións, entre elas compartir escenario con "Los chicos del coro" de Francia, actuar coa ópera "Carmen de Bizet", formar parte do elenco de musicais a favor de UNICEF como "Cantando bajo la lluvia", "El libro de la selva", ou "Ollos de Lume" e tamén participar diversas veces no programa "Kafetín Musical" da Televisión local de Vigo, ou máis recentemente pisar o escenario de "Bamboleo" na TVG.

 

Ademáis, nunca deixou pasar a oportunidade de presentarse a todos os casting posibles, logrando chegar a estar no casting final en Madrid de "X Factor España" en 2017 e actualmente, ser elexida como a nova recanteira que representará toda a zona do Miño no programa Luar da Televisión de Galicia nesta 9ª edición que da o seu "pistoletazo de saída" hoxe 14 de setembro.

 


“É todo un orgullo para min representar a miña terra”


¿Qué esperas de "Recantos"?

Ter a gran oportunidade de formar parte desta nova edición de Recantos é un soño cumprido para min. Síntome feliz, ilusionada, e agradecida por todo o apoio que xa estou recibindo. Con ganas de vivir esta experiencia, aprender moito, pero sobre todo dar o mellor de min e facelo o mellor posible. É todo un orgullo para min representar a miña terra facendo o que máis me apaixona nesta vida: Cantar.

 

¿Qué zonas representas?

A Paradanta ( Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente), O Condado (Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra) e o Baixo Miño (A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui).

 

¿Cómo te definirías?

Defínome como unha persoa alegre, humilde, con actitude sempre positiva e loitadora dos seus soños. Enriba do escenario gústame expresarme moito e poder transmitir ao público todo aquilo que sinto.

 

¿Qué che gusta facer no teu tempo libre?

Unha das cousas que máis me gusta facer no meu tempo libre e compor os meus propios temas, tanto música como letra, acompañada do piano.

Fora da faceta artística, encantame viaxar e coñecer lugares e culturas novas.

 

Por último, ¿Cando te podremos ver na pantalla?

O programa Luar comeza a emitir a nova tempada hoxe 14 de setembro.

Non obstante, a min tócame cantar o día venres 5 de outubro, polo que me gustaría facer un chamamento e animo as persoas a velo e apoiarme cos votos a través do número de teléfono que saldrá na pantalla, ou tamén mediante as redes sociais (Whatsapp, Facebook e Twitter.) Podedes atoparme nelas como Julia Rodrigues.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.