Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Días de este evento:
Del Jueves, 27 de Septiembre de 2018 al Sábado, 29 de Septiembre de 2018

Salvaterra de Miño

Encontro literario musical Entreverbas en Salvaterra

Será a cuarta edición dun evento que comeza a consolidarse como una cita destacada no eido cultural da comarca.

 

O Vindeiro 29 de setembro celébrase na parroquia de Cabreira, Salvaterra de Miño, o acto central do encontro literario musical Entreverbas.

 

Será a cuarta edición dun evento que comeza a consolidarse como una cita destacada no eido cultural da comarca.

 

O Entreverbas é, na opinión dos seus organizadores, “una festa da palabra na voz dos seus autores”. Cada ano unha representación “destacada das nosas letras son convidados a participar neste acto para compartir fragmentos das súas obras co público asistente”.

 

Silvia Penas, Isabel Blanco, Antonio G Teijeiro, Miriam Ferradáns, Iolanda Zúñiga, Toño Núñez, Tamara Andrés ou Emma Pedreira son algunas das voces que pasaron polo Entreverbas en edicións anteriores. 2us, Cintaadhesiva, Aida Saco e Su Garrido Pombo puxeron a música.

 


Programación 2018

 

O xoves 27 de Setembro - 20:30 h. na Casa do Conde de Salvaterra haberá una charla con Branca Novoneyra, “Uxío Novoneyra, pai e poeta”.

 

Ó día segunte, venres 28 de Setembro, ás 20:30 h. na Carpintería Acuña, Cabreira. Proxectarase o filme “Mulleres da raia” e posterior coloquio coa directora Diana Gonçalves.

 

E o sábado 29 de Setembro ás 19:00 h. no Centro Cultural Xerme de Cabreira celebrarase un recital coa participación de: Xosé Iglesias, Antía Otero, Diego Alfonsín. O peche do acto contará coa actuación musical de  Sonia Lebedinsky

 

 

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.