Provincia
18 concellos da provincia acollen desde este luns ós 600 participantes de “Conectadas”
Un total de 618 mulleres e homes participan desde esta semana no programa da Deputación dirixido á promoción da igualdade a través de accións formativas

A partir deste luns un total de 618 mulleres e homes de 18 concellos da provincia comezarán os cursos programados do programa “Conectadas 2018”, a iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada á promoción e desenvolvemento da igualdade. Os concellos que acollerán estas accións son: A Estrada, Lalín, Mos, O Rosal, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Vigo, Bueu, Nigrán, Pazos de Borbén, Cangas, O Grove, A Guarda, Caldas de Reis, Vilaboa, A Lama e Mondariz.
Na comarca do Deza, Lalín acollerá dúas accións formativas. Ao obradoiro de Ximnasia de Mantemento van asistir 15 persoas da Asociación de Mulleres en Igualdade en Camposancos (os luns e mércores de 21:00 a 22:30 horas), 16 persoas da Asociación Mulleres de Muimenta (luns e mércores de 18:00 a 19:30 horas), 17 persoas da Asociación Mulleres en Igualdade de Prado (martes e xoves de 21:00 a 22:00 horas) e outras 21 persoas da Asociación Mulleres de Soutolongo (martes e venres de 20:20 a 21:50 horas). A segunda acción formativa consistirá nun obradoiro de Musicoterapia no que participarán 15 persoas da Asociación de Mulleres en Igualdade de Madriñán os mércores de 16:00 a 18:00 horas.
Na comarca de Vigo, en Vigo realizarase un obradoiro de Musicoterapia ao que asistirán 19 persoas da Asociación de Veciños Nosa Terra de Alcabre os martes e xoves de 18:30 a 20:00 horas. Outras 16 persoas da Asociación de Mulleres de Pedra da Vella asistirán a un obradoiro de Horta Ecolóxica os mércores de 16:30 a 19:30 horas. No obradoiro de Alfabetización Dixital I: Do Papel ao Ordenador participarán 16 persoas da Asociación de Veciños O Freixo os mércores de 16:30 a 18:30 horas. Haberá outra acción formativa de Artesanía en Coiro á que asistirán 15 persoas da Asociación de Mulleres de Cabral Rosalía de Castro os xoves de 16:30 a 19:30 horas. Outras 24 persoas da Asociación de Veciños San Roque participarán nun obradoiro de Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais os xoves de 17:00 a 20:00 horas. Tamén se realizará un obradoiro de Cociña, Alimentación e Hábitos Saudables ao que asistirán 20 persoas da Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa San Mamed de Zamanes os xoves de 19:30 a 22:00 horas. No concello de Mos, haberá tres accións formativas. A primeira será un obradoiro de Risoterapia no que participarán 28 persoas da Asociación Española Contra el Cáncer de luns a xoves de 17:00 a 18:30 horas. A seguinte acción será un obradoiro de Teatro os xoves de 19:30 a 22:00 horas ao que asistirán 15 persoas da Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso. Tamén, 15 persoas da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) participarán nun obradoiro de Iniciación ao Scrapbooking os xoves de 16:00 a 18:00 horas e os luns de decembro (3, 10 e 17) no mesmo horario. En Redondela, 20 persoas da Asociación de Veciños de Chapela asistirán a un obradoiro de Ximnasia de Mantemento os martes e xoves de 17:00 a 18:30 horas. En Pazos de Borbén realizarase un obradoiro de Xardinería ao que asistirán 16 persoas da Asociación Cultural Nespereira os mércores de 17:00 a 20:00 horas.
Na comarca de Pontevedra haberá sete accións formativas. Dúas delas desenvolveranse no concello de Pontevedra, que acollerá un obradoiro de Ximnasia de Mantemento no que participarán 12 persoas da Asociación de Veciños Heroes de Pontesampaio (martes e xoves de 18:00 a 19:30 horas) e outras 17 persoas da Asociación de Veciños Outeiro do Castro (martes e xoves de 20:30 a 22:00 horas). Tamén, 16 persoas da Asociación Española Contra el Cáncer asistirán a un obradoiro de Relaxación e Manexo do Estrés: Momentos en Calma os martes e xoves de 17:00 a 18:30 horas. Ademais, realizarase un obradoiro de Horta Ecolóxica ao que asistirán 16 persoas da Asociación Síndrome de Down de Pontevedra os xoves de 16:30 a 19:30 horas. No obradoiro de Taichí, serán 21 persoas da Asociación de Veciños-Salcedo Norte as que asistan os luns e mércores de 17.00 a 18:30 horas. No concello de Caldas de Reis realizarase un obradoiro de Iniciación ao Patchwork no que participarán 17 persoas da Asociación Mulleres Rurais de Santa Mariña os venres de 16:00 a 19:00 horas. En Vilaboa desenvolverase un obradoiro de Artesanía en Coiro ao que asistirán 16 persoas da Asociación de Veciños Santa Cristina os venres de 19:30 a 22:30 horas. Na Lama realizarase un obradoiro de Pilates os martes de 16:00 a 18:00 horas ao que asistirán 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Cambeses “Laxa Longa”.
En Tabeirós-Terra de Montes, A Estrada vai acoller dúas accións formativas. No obradoiro de Cociña, Alimentación e Hábitos Saudables participarán 22 persoas da Asociación Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais de Andrés de Vea os mércores de 19:00 a 22:00 horas. No obradoiro de Artesanía en Coiro serán 15 persoas da Asociación de Veciños San Brais de Vinseiro (xoves de 18:00 a 21:00 horas) e 15 persoas da Asociación Mulleres Rurais de Lagartóns (sábados de 17:00 a 20:00 horas) as que asistan.
Na comarca do Morrazo, en Cangas serán 19 persoas da Asociación de Mulleres de Cimadevila as que asistirán a un obradoiro de Encontro con Lectoras: Animación á Lectura e Memoria os xoves de 18:00 a 20:00 e os martes 13 e 20 de novembro de 18.00 a 20:30 horas. En Bueu, 24 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro participarán nun obradoiro de Teatro os mércores de 17:30 a 20:00 horas.
No Salnés, no Grove serán 17 persoas da Asociación de Mulleres Rurais, Consumidoras e Culturais Adro Vello participarán nun obradoiro de Ximnasia de Mantemento os xoves de 17:00 a 19:30 horas. En Sanxenxo, 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán asistirán a un obradoiro de Alfabetización Dixital I: do Papel ao Ordenador os martes de 10:00 a 12:00 horas.
No Val Miñor, en Nigrán, 19 persoas da Asociación de Veciños La Canoesa da Parroquia de Camos participarán nun obradoiro de Cociña, Alimentación e Hábitos Saudables os mércores de 17:30 a 20:30 horas.
No Condado, en Mondariz realizarase un obradoiro de Teatro ao que asistirán 16 persoas da Asociación de Veciños Mouriscados Millo Mouro os sábados de 19:30 a 21:30 horas.
Amais, na comarca do Baixo Miño, na Guarda serán 21 persoas da Asociación Mulleres Progresistas de A Guarda as que participen nun obradoiro de Risoterapia os xoves de 18:30 a 21:00 horas. Tamén, no Rosal, 17 persoas da Asociación Mulleres en Igualdade do Rosal asistirán a un obradoiro de Ioga os luns e mércores de 19:30 a 21:00 horas.
“Conectadas 2018” é un programa da Deputación de Pontevedra destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e empoderamento, así como a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes. Neste ano, conta cun orzamento de 324.000 euros e desenvólvese a través de 46 accións formativas distribuídas en 8 bloques temáticos: “Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego”, “Muller e cultura: Artes Visuais”, “Actualízate”, “Coas túas mans”, “Porque ti o fas”, “Súmate ao cambio”, “Ponte en forma” e “Coidados persoais”. En 2017 beneficiáronse desta iniciativa un total de 343 entidades pertencentes a 60 concellos da provincia, o que supuxo que preto de 5.500 persoas participaran nas distintas actividades programadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213