O PORRIÑO
Alcaldes do Condado e A Louriña buscan solución ao conflicto en Maderas Iglesias
O alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, foron os anfitrións este luns, dunha xuntanza para analizar a grave situación que atravesa Maderas Iglesias e facer un “chamamento a retomar a actividade laboral previa reactivación do proceso negociador entre as partes en conflito”.
Conscientes da irreparable consecuencia laboral e socioeconómica que suporía a eventual desaparición de “Maderas Iglesias SA”, e tendo a profunda convicción de que existe unha saída que conxugue os intereses do persoal xunto cos da parte empresarial, os alcaldesas e alcaldes de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz e As Neves, instan á parte empresarial e social a xeral a suficiente sinerxia e confianza mutua como requisito imprescindible para volver á actividade produtiva e propoñen que sexa materializada a través do Consello Galego de Relacións Laborais e a Secretaría de Emprego da Xunta de Galicia como instrumentos útiles para esa finalidade.
“Dende as alcaldías queremos garantir o Emprego e a actividade económica nas nosas Comarcas e faremos todos os esforzos necesarios para conseguilo poñéndonos ao dispor das partes para acadalo”, sinalaron os máximos representantes destes concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11