‘Ela non se acordará. E ti?’ é o lema escollido polas asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer de Galicia para conmemorar o Día Mundial, que se celebra este venres, 21 de setembro.
Con esta idea, queren facer un chamamento á sociedade para que tome ‘conCiencia’ real da problemática das enfermidades neurodexenerativas; ao ámbito científico, de aí o termo ‘conCiencia’, para lograr un maior compromiso dos profesionais e as empresas para impulsar as investigacións; e, por suposto, ás administracións públicas, que son quen ten a chave que abre portas á investigación, ás axudas e á dotación de recursos.
En definitiva, o principal obxectivo que se marcan nesta ocasión é tomar ‘conciencia’ coa enfermidade, cuxa incidencia aumenta cada ano, coas persoas enfermas e cos seus familiares, que viven unha situación moi complicada por todo o que leva coidar a unha persoa cunha enfermidade neurodexenerativa.
Con este propósito, Afaga preparou unha serie de actividades:
Conferencia: ‘Como recordamos e por que esquecemos. Así funciona a nosa memoria’
Ponente: Ignacio Morgado Bernal. Catedrático de Psicobioloxía no Instituto de Neurociencia da Universidade Autónoma de Barcelona
Data e hora: Xoves, 20 de setembro, ás 19,00 horas,
Lugar: Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado). Rúa Areal, 46. Vigo.
Mesas informativas na zona peonil del Calvario, en Vigo (fronte ao mercado)
Ademais de informar e asesorar, unha psicóloga realizará test de memoria gratuítos aos viandantes que queiran facerse un control
O 21 de setembro, desde as 10.30 ata as 14.00 horas
Mesas informativas noutros puntos da provincia:
Tomiño. Mércores, 19 de septiembre. Lugar: O Seixo
Salceda de Caselas. 19 de septiembre. Lugar. Praza del Concello
O Porriño. Viernes, 21 de septiembre. Lugar: Praza Mayor
Cuentacuentos: ‘A Gaivota Carlota’
Dirixido a nenos a partir de 3 anos
Lugar: Biblioteca Neiras Vila. Martínez Garrido, 21. Vigo
Data e hora: Venres, 21 de setembro, ás 18:00 horas
Sede Electrónica y Trámites
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.