Lunes, 20 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 11:50:57 horas

Xornal21.es
Jueves, 20 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Arrancan as obras de renovación do Paseo Matutino

As obras contan cun prazo de execución de mes e medio

 

O goberno de Ponteareas comeza  a renovación do Paseo Matutino e "marcará con esta obra a liña a seguir no futuro de Ponteareas" segundo sinalan nun comunicado.


O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde e Concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitaron recentemente as obras que contan cun prazo de mes e medio de execución a partir do pasado mércores 12 de setembro, día no que se asinou a acta de replanteo.


Alcalde e Tenente de Alcalde agardan que estas obras ocasionen as menores molestias posibles e informan á cidadanía que o tráfico deberá circular pola rúa dos Carballos que conectará co seguinte tramo do Paseo Matutino ao cambiarse o sentido desta rúa dende o cruce con Feliciano Barrera ata a rúa Castañal.


O goberno acordou comezar as obras nestas datas nun encontro mantido coa hostelería,comercio e comunidades de propietarios da zona que sinalaron esta data despois das festas dos Remedios como a máis idónea.
A actuación no primeiro tramo conta cun orzamento de 178.000€ e comprende unha completa reforma da rúa dende o cruce coa Avda de Galicia con Rogelio Groba ao cruce coa rúa Castañal.


O novo proxecto de reforma para o primeiro tramo do Paseo Matutino actuará sobre toda a plataforma e non só as beirarrúas e tamén contempla obras no alumeado público da zona así como a separación de pluviais das augas residuais.


“Esta transformación radical suporá unha modernización que beneficiará aos veciños e negocios.  A rúa quedará toda ao mesmo nivel, en plataforma única que permitirá o paso de vehículos, e primará o tránsito peonil con amplias beirarrúas. Será un espazo agradable seguindo as premisas prantexadas no estudo de Mobilidade e de acorde ás liñas marcadas pola estratexia Ponteareas Hábitat Saudable”, explica o Alcalde.

 

 

 

 

O tráfico será desviado pola rúa Carballos e accederá ao Paseo Matutino ao cambiarse o sentido dende o cruce con Feliciano Barrera ata a rúa Castañal

 

 

 


Esta actuación será un dos primeiros exemplos do modelo de cidade hacia o que camiñará Ponteareas, e que marcará o modelo de actuacións noutros espazos, xa que segundo adianta Garrote, “neste momento, o primeiro tramo do Paseo Matutino é a zona na que se pode actuar pero a nosa intención é facer unha mellora en toda a rúa en canto sexa posible unha vez aprobado o Plan de ordenación”.


A superficie de actuación será duns 1.150 metros cadrados, dos que 785 metros cadrados serán beirarrúa e 370 calzada para vehículos. O primeiro tramo do Paseo Matutino será unha plataforma única de convivencia con prioridade para os peóns e non haberá desniveis entre a beirarrúa e a calzada, a pedra de granito gris quedará para a beirarúa marcando a calzada con asfalto de cor. As terrazas da hostalería irán pegadas aos establecementos e disporase dunha fila de árbores de porte alto e folla caduca.


Na actualidade a beirarrúa esquerda (vista dende o Concello) é de 1,50 m e pasará a 6 metros, nela irá a fila de arborado. A beirarúa da dereita terá 4,45 m. Nas dúas beirarrúas estará delimitando o espazo máximo que poden ocupar as terrazas quedando despexados  os portais de acceso ás vivendas quedarán despexados e a folla caduca evitará que se produza sombra nas vivendas durante a tempada invernal.


Saneamento
Outra das actuacións é a instalación dun colector de augas fluviais para separar pluviais de fecais xa que neste tramo non hai colector independente. O colector terá capacidade para 18.000 metros cadrados para recoller as augas de chuvia de todo o entorno.


O novo alumeado seguirá os criterios de eficiencia enerxética, con luminarias tipo LED e tamén se colocarán bancos de granito, papeleiras e bolardos.


“A nosa intención é que a inversión contemplada naquel primeiro proxecto de reforma do Paseo Matutino siga a ser destinada á mellora desa zona. O proxecto anterior, que neste momento non se pode executar, non contemplaba o primeiro tramo e só  preveía  a actuación en parte das  beirarrúas, este é máis completo e recolle toda a plataforma, alumeado, mobiliario e saneamento”, engade Garrote.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.