VIGO
COGAMI inicia en Vigo curso para persoas con discapacidade
Aínda quedan prazas libres para poder apuntarse a este curso que é gratuíto
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia o luns 24 de setembro nas instalacións que ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) un curso de Profesional de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais dirixido a persoas que teñen certificado de discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual.
Esta acción formativa, con duración de 160 horas lectivas teóricas e prácticas, impartirase durante as mañás de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ata o 8 de novembro, estando dividida nos seguintes módulos: técnicas básicas de limpeza, limpeza de mobiliario interior, camareira/o de pisos, limpeza de espazos abertos, de instalacións e equipamentos industriais e mantemento básico de edificios e locais.
O número total de prazas é de 15, quedando aínda vacantes para aquelas persoas que poidan estar interesadas en participar neste curso que forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social.
Europeo, un programa que se desenvolve nas comarcas de O Salnés, Pontevedra e Vigo, co fin de dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade de cara á inserción laboral.
Máis Emprego proporciónalle ao alumnado destrezas profesionais que lle permiten un rendemento competitivo no mercado laboral ademais de desenvolver habilidades persoais para a súa participación social. Desde que iniciou este programa en 2017, xa son 100 as persoas que lograron inserirse tras pasar por Máis Emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168