GALICIA
A Xunta destaca a importancia da internacionalización na XXXII Feira do Moble da Estrada
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou o bo momento do sector e sinalou que durante estes cinco días o municipio estradense na capital do moble
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da internacionalización e da innovación na apertura da XXXII Feira do Moble da Estrada. Rueda participou na inauguración acompañado polo secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García, o alcalde estradense, José López Campos, e o xerente da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, Nemesio Rey.
2017 foi un ano de récord para as exportacións do sector da madeira e das súas manufacturas, superándose os 800 millóns de euros
Durante os próximos cinco días A Estrada será a capital do moble con 65 expositores de distintos ámbitos que fan do evento un inmellorable escaparate de mobiliario. O ano 2017 foi un ano récord en exportacións para o sector da madeira e as súas manufacturas, superando os 800 millóns de euros, e destacou que as empresas galegas do moble son algunhas das moitas que están a participar en proxectos de construción en máis de 90 países.
A Xunta aposta por proseguir nesa liña xa que o crecemento económico de Galicia se ten consolidado por riba do 3%, con cinco anos consecutivos superando o teito das exportacións. Polo que compre defender que o sector da madeira e do moble é unha industria fundamental para Galicia, cunha innegable vinculación co medio rural xogando un n papel moi relevante na creación de emprego de calidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217