Jueves, 10 de Septiembre de 2026

Actualizada Jueves, 10 de Septiembre de 2026 a las 13:47:26 horas

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOTOR

Así vai cambiar o mantemento dos automóbiles

Non só a tecnoloxía dos coches avanza a pasos axigantados. O seu mantemento tamén está a evolucionar ao mesmo ritmo, cuns talleres independentes cada vez máis profesionais e tecnolóxicos

 

Numerosos expertos sinalan que os automóbiles van cambiar na próxima década máis que no últimos cincuenta anos. A tecnoloxía está a avanzar a pasos axigantados e grazas a conceptos como a  hibridación, electrificación, a condución autónoma ou o coche conectado, imos asistir á chegada dun novo modelo de mobilidade.


O mantemento dos coches tamén está a evolucionar ao mesmo ritmo, e os talleres independentes están a facerse cada vez máis profesionais e tecnolóxicos. Sen a férrea disciplina de marca dos servizos oficiais, a súa condición de  multimarca lévalles a coñecer unha enorme amplitude de modelos,  casuísticas e coñecementos, ofrecendo aos usuarios un servizo próximo e cada vez máis eficaz.


Grazas a novos conceptos como as actuais solucións de mantemento (conxuntos de pezas optimizados para traballar xuntas, nunha única embalaxe e con calidade de equipamento orixinal, que permiten substituír elementos de forma rápida e profesional), ás futuras pezas conectadas, pasando pola realidade aumentada ou os servizos de REPXPERT (a marca de servizo Schaeffler para talleres);  Schaeffler acompaña aos profesionais independentes con produtos, soporte e equipamento para a transformación tecnolóxica na que estamos inmersos.

 

O internet das cousas
Schaeffler xa avanzou en numerosas solucións de dixitalización para talleres, e as novidades que chegarán nos próximos anos serán apaixonantes. As redes dixitais comezan a estar presentes en todo tipo de produtos, e o coñecido como Internet das cousas (IoT, polas súas siglas en inglés), tamén está a chegar aos compoñentes mecánicos. E é que o automóbil non é máis que unha suma de compoñentes e sistemas, e todo indica que moi pronto serán as propias pezas as encargadas de solicitar e compartir datos.

 

O taller do futuro
Outra novidade que pronto veremos nos talleres é o uso da realidade aumentada, para mellorar a calidade, duración e precisión das reparacións. Schaeffler mostrou en Automechanika Frankfurt un sistema de lentes nas que se proxectan imaxes sobre a visión real, que lle axudan a desempeñar mellor o seu traballo. Por exemplo, ao apertar unha porca, o sistema proxecta o par de aperte idóneo; ou ao substituír un elemento, vanse mostrando os pasos para seguir e outras informacións de apoio. A través das lentes mesmo se pode contactar cun técnico de soporte remoto de  REPXPERT -marca de servizos do grupo- para resolver dúbidas en tempo real.


Esta fusión do traballo diario coa proxección virtual de coñecementos –realidade aumentada- vai permitir mellorar a calidade, duración e precisión das intervencións nun taller, cos importantes beneficios para os profesionais do sector e os usuarios dos talleres, que poderán acceder a un mantemento cada vez máis seguro e eficaz.

 

Hibridación e electrificación, unha tendencia imparable
A electrificación é un fenómeno imparable que tamén está a comezar a producir cambios no mantemento. Os automóbiles híbridos e eléctricos van seguir gañando cota de mercado, e xerarán novos retos ao profesional. No ano 2030, case o 30 por cento dos turismos que se fabriquen funcionarán cunha propulsión completamente eléctrica. Outro 30 por cento do mercado mundial aínda estará constituído por vehículos  propulsados unicamente por un motor de combustión. E o 40 por cento restante terán unha propulsión híbrida, con sistemas que van desde a  hibridación “suave” de 48 voltios que desenvolveu Schaeffler, a sistemas máis complexos como os eixos eléctricos ou os motores situados no cubo de roda.


En calquera caso a tendencia é que os sistemas eléctricos e informáticos (conectividade, intelixencia artificial…), sexan cada vez máis complexos. E os talleres independentes terán que adaptarse a estas novas tecnoloxías, sen deixar de prestar atención aos aspectos puramente mecánicos dos automóbiles, que en gran medida seguirán presentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.30

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.