GALICIA
Feijóo: "Galicia é unha comunidade solvente e cumpriu os seus compromisos"
Destaca que Galicia rematou o exercicio cun déficit do 0,22%, moi por debaixo do límite máximo para o conxunto das comunidades que foi do 0,6%
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia segue sendo unha comunidade solvente porque volveu cadrar as contas en 2017 e cumpriu os seus compromisos.
Durante a rolda de prensa do Consello da Xunta, o xefe do Executivo galego destacou que Galicia pechou o exercicio cun déficit do 0,22%. O presidente destacou que ese dato significa que melloramos en 0,37 puntos a cifra de 2016, que en termos cuantitativos son 207 millóns de euros; e que estamos moi por debaixo do límite máximo para o conxunto de comunidades, que foi do 0,6%.
Ademais, Galicia consolídase como a cuarta comunidade con menor déficit acumulado nos últimos seis anos, un 4,98%, cifra que nos coloca por debaixo da media do conxunto das autonomías, un 8,11%. Feijóo subliñou que isto sitúanos “nunha boa posición para pechar este ano 2018, unha vez máis, cumprindo o déficit público”, cuxo máximo este ano é dun 0,4%.
O presidente da Xunta tamén destacou que Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou a súa débeda desde o ano 2008. Así, en 2017 Galicia aforrou 46 millóns de euros en xuros da débeda que se puideron dedicar a gasto social e investimentos. Nos últimos 3 anos o aforro en xuros da débeda alcanzou os 140 millóns de euros. Ademais, o presidente destacou que “un galego debe, de media, 2000 euros menos que o resto dos españois que viven noutras comunidades autónomas”.
Execución, aforro bruto e investimentos
Segundo afirmou o titular do Goberno galego, a Conta Xeral ratifica a boa xestión dos recursos públicos pois demostra que se executou o 99% do orzamento consolidado de gasto e precisou que este indicador se eleva ata o 101,7% no gasto corrente, que engloba todo o gasto social da comunidade autónoma.
En canto ao aforro bruto, neste exercicio os ingresos correntes da Comunidade superaron en 538 millóns de euros aos gastos correntes, o que permite financiar máis investimentos sen recorrer á débeda.
Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou a súa débeda desde o ano 2008
O presidente da Xunta destacou que este diferencial axuda a situar Galicia como a terceira comunidade autónoma cun maior esforzo investidor, un 11,9%. Ademais, Feijóo destacou que a Conta Xeral axuda a cuantificar o beneficio que supuxeron para os galegos as baixadas de impostos. En total, 83 millóns de euros quedaron no peto dos cidadáns grazas fundamentalmente á supresión do imposto de sucesións para a práctica totalidade dos galegos e ao programa de impostos cero no rural.
O titular do Goberno galego subliñou que a Conta Xeral demostra, un ano máis, que Galicia cumpre e que cumprir significa blindar o noso autogoberno. Tamén recalcou que a Comunidade paga aos seus provedores nunha media de só 11 días, o prazo máis curto de España.
Por último, Feijóo lembrou que o prazo para entregar a Conta Xeral é o 30 de setembro e quixo “agradecer, polo tanto, o traballo dos empregados públicos que fixeron posible o cumprimento anticipadamente dos prazos previstos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217