Miércoles, 31 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 23 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Mellora do acceso 
as fontes e lavadoiros do municipio

Operarios municipais están a desbrozar os camiños que levan a 86 lavadoiros e fontes públicas

 

O Concello de Nigrán emprendeu esta semana o seu plan de mellora dos accesos ás fontes e lavadoiros do municipio mediante o desbroce dos camiños por parte de operarios municipais, un traballo que se repite periodicamente ao longo do ano. En total, trátase de 86 fontes e lavadoiros públicos das sete parroquias e estarán a punto ao longo da semana. Asemesmo, o Concello realizará no mes de outubro as novas análises semestrais de potabilidade, cuxos resultados constarán en cada manancial.

 

"A posta en valor destes elementos e o coidado e mantemento da zona na que se atopan é primordial para o goberno. As fontes forman parte do noso patrimonio etnográfico e como tal debemos conservalo", sinala o alcalde, Juan González, alcalde de Nigrán.

 

No ano 2017 o Concello de Nigrán restaurou  oito fontes municipais a través dunha subvención de 10.960,78 euros concedida pola Deputación de Pontevedra para a rehabilitación do patrimonio histórico cultural. Concretamente, foron a fonte da Cruz e Pereiro en Camos, a da Estación en Panxón, a do Castro e Igrexa en Parada, a da Coba en Priegue e, finalmente, as de Cabreira e Pías na Ramallosa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.