PROVINCIA
A Deputación anuncia accións xudiciais contra Angel Moldes
Polas súas “gravísimas e calumniosas“ declaracións sobre o plan DepoRemse
O deputado Carlos Font esixe ao voceiro do PP rectificacións públicas inmediatas “ante as indecentes acusacións e o cúmulo de falsidades vertidas en relación co destino dos fondos”
O deputado de cooperación, Carlos Font, comunicou esta a decisión da Deputación de Pontevedra de "emprender de forma inmediata accións xudiciais contra o voceiro do grupo provincial do PP, Ángel Moldes, tras as graves calumnias e falaces acusacións ao goberno, ao abeiro do destino dos fondos do Plan DepoRemse”.
Font sinalou que o executivo ao fronte da institución “non vai a consentir ningún outro intento obsceno do voceiro popular para danar a honra de funcionari@s ou politic@s da Deputación de Pontevedra”, polo que esixe a Moldes “a inmediata rectificación e desculpas públicas ante a vergoñenta catarata de falsidades vertidas esta mañá nunha comparecencia pública”.
O deputado provincial cualificou de “absolutamente falso que exista un só informe da Xefa do Servizo de Cooperación favorable á inclusión no Plan DepoRemse do proxecto do concello de Marín, tal e como afirmou Angel Moldes en varias ocasións durante a súa comparecencia, senón todo o contrario“, dixo o voceiro do goberno.
Carlos Font engadiu que “do resto das lamentables declaracións do voceiro do Partido Popular nin sequera imos a contestar porque converter a política nun estercoleiro e espallar todo de lixo é a especialidade do PP, é unha das súas sinais de identidade. Por iso deixámolo para el@s”, rematou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217