Lunes, 20 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 16:03:50 horas

Xornal21.es
Lunes, 24 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O parque infantil do Regato da Venda, vítima de actos vandálicos

 

O  Alcalde de Ponteareas informa de que por segunda vez consecutiva as vallas de madeira colocadas no parque infantil do regato da Venda foron vítimas do vandalismo e da falta de consideración dalgunha persoa que rouba infraestruturas e elementos urbanos que son propiedade de toda a veciñanza.


Hai unhas semanas que operarios municipais colocaron 16 metros de valla de madeira que delimita a zona do parque infantil do regato da Venda ao ser roubada, unha acción vandálica que xa se cometeu con anterioridade sendo esta a segunda vez que o concello ten que repor esta valla.


A día de hoxe volven faltar oito metros de valla e se aprecian outros danos no propio regato. Estes danos provocarán de novo un gasto en materiais e en horas de traballo de operarios municipais ademais do prexuízo que causa para a vecindade danar unha zona de lecer.


O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, insiste na necesidade de coidar do patrimonio público que se sufraga cos cartos de toda a cidadanía amosando respecto e mesmo compromiso á hora de coidalos e protexelos e pide a colaboración cidadá para poder identificar ás persoas que cometen estes actos.


Nas últimas semanas tamén se produciron danos en distintos elementos do mobiliario urbano (bancos, papeleiras, columpios…) ademais de ser queimados distintos colectores de lixo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.