Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 29 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda de Caselas acolle até o día 30, a mostra "Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país"

A mostra inclúe unha recreación dunha aula co mobiliario e instrumental que se utilizaba nas escolas da época

Até o día 30 de setembro, o auditorio municipal de Salceda de Caselas acolle a  exposición  "Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país", cedida polo Concello de Tomiño.


Trátase da exposición itinerante sobre a figura do político e mestre Antón Alonso Ríos, que arrancou en Tomiño o mes de outubro de 2017, e que ten percorrido varios municipios, coma Silleda ou Gondomar.


A mostra inclúe unha recreación dunha aula co mobiliario e instrumental que se utilizaba nas escolas nos anos nos que Antón Alonso Ríos exerceu como mestre.


A actividade foi amosada por primeira vez no IES de Tomiño, que leva o nome de Antón Alonso Ríos dende hai un par de anos, en torno á figura deste mestre e político considerado fundamental na historia de Tomiño, e recolle pormenorizadamente a historia e percorrido deste persoeiro, facendo especial fincapé na súa aportación ao mundo da educación e no seu compromiso político co movemento agrarista.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.