CULTURA
Executivos de televisión, produtoras e distribuidoras participarán no I+P Ideas para producir
A cidade de Pontevedra acollerá os días 20 e 21 de novembro a 12a edición do pitching “I+P Ideas para producir” do Clúster Audiovisual Galego
O “I+P Ideas para producir” xa ten confirmada, ata o momento, a participación de máis de 15 canles de televisións, distribuidoras e produtoras de toda España en busca de novas ideas e produtos audiovisuais, neste evento que terá lugar os días 20 e 21 de novembro en Pontevedra. Organizado polo Clúster Audiovisual Galego o Pitching mantén aberto o prazo para a inscrición de proxectos ata o vindeiro 8 de outubro.
A xornada de presentación de proxectos audiovisuais e encontros one-to-one ( que se celebrará o 21 de novembro) reunirá en Galicia a directivos de grupos de televisión nacionais como Fernando López Puig, director de Cine e Ficción de TVE; Jorge Tuca, director de Desenvolvemento de Proxectos de Telecinco Cinema; Beatriz Herzog, delegada de Contidos de Ficción de Atresmedia; Rosa Pérez, produtora de Atresmedia Cine, ou responsables do departamento de Programas de Ficción de Mediaset España e da Área de Contidos do Grupo Euskaltel, entre outros. Tamén asistirán executivos de canles autonómicas como o xefe de Ficción e Cine de TV3, Oriol Sala-Patau; o responsable de Ficción de Televisión da EITB, Josu Bilbao; e directivos dos departamentos de Contidos das televisións de Asturias (RTPA) e de Galicia (TVG).
O “I+P Ideas para producir” contará ademais coa participación de Carlos Fernández, CEO de Filmax (El Autor, 100 Metros, Truman, [REC], Sé quién eres, Pulseras Rojas), Cristian Caggiano, responsable de Vendas de DeAPlaneta (La llamada, Los hombres libres de Jones, El Club de los Incomprendidos, La Verdad), e Manuel Monzón, produtor executivo de A Contracorriente Films (Revenge, La Librería, Spain in a Day, Techo y comida).
O Clúster mantén aberto o prazo de inscrición de proxectos ata o día 8 de outubro
Este ano tamén asistirán ao I+P os responsables dos departamentos de Ficción das produtoras Sr. Mono, César Rodríguez, e Boomerang TV (Presunto culpable, El Incidente, Mar de Plástico, El Secreto de Puente Viejo, La Voz), Josep Cister e María Fernández, entre outros.
Colaboración con Filmarket Hub
A plataforma online de proxectos cinematográficos Filmarket Hub colabora por segundo ano consecutivo co “I+P Ideas para producir” apoiando os traballos que se presenten no foro. De xeito que os proxectos de cine e de ficción para televisión participantes na 12a edición do pitching gozarán dun ano de inscrición gratuíta no mercado online da plataforma, onde poderán potenciar a súa visibilidade e conectar con toda unha rede de produtores e empresas de Europa e Latinoamérica.
Inscricións no foro
As empresas e os profesionais do audiovisual interesados en participar nesta xornada poden inscribirse ata o día 8 de outubro. Para elo teñen que enviar o formulario que encontrarán na páxina web do Clúster (www.clusteraudiovisualgalego.com) a comunicacion@clag.es. A partir do día 30 de outubro a organización comunicará aos seus responsables os proxectos seleccionados para participar no pitching.
Neste 2018 o “I+P Ideas para Producir” conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e do Concello de Pontevedra. Coa colaboración das asociacións CREA e AGAG e da plataforma Filmarket Hub, e co patrocinio de Gadisa e a compañía Music Library & SFX.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149