MOS
Mos asina un convenio para a creación de emprego estable coa residencia Ballesol
Con esta supera as 15 empresas colaboradoras co Programa Integrado de Emprego mosense
Esta semana asinouse nas dependencias da residencia de maiores Ballesol en Vigo o convenio de colaboración entre a empresa e o Concello de Mos mediante o que se establece a participación de Ballesol no III Programa Integrado de Emprego PIE Mos 3.0.
A sinatura foi formalizada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a directora de Ballesol Vigo, Ángeles Ramírez, en presencia do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, e responsable da Axencia de Colocación de Mos, Oscar Soto.
O convenio con esta nova empresa colaboradora enmárcase baixo o lema ‘Ballesol Vigo, destino de oportunidades’. O Grupo Ballesol quere poñer ao servizo da sociedade un modelo de negocio centrado nas persoas maiores e as súas familias e tamén na creación de emprego como xerador de riqueza económica, social e colaborativa. Desde a súa inauguración o pasado mes de marzo do presente ano, a residencia Ballesol Vigo deu continuidade e sentido a este ambicioso proxecto, co apoio tamén, de institucións como o Concello de Mos, mediante a integración da empresa no seu Programa Integral de Emprego que hoxe se formaliza coa sinatura do convenio de colaboración.
Ballesol Vigo é o terceiro centro de Grupo Ballesol en Galicia. Con 117 prazas, en cuartos dobres e individuais, garante a cobertura de necesidades e coidados entre as persoas que precisan unha atención determinada, sexan dependentes ou asistidos, pero con recursos específicos e accesibles nun novo concepto asistencial, centrado na persoa e na calidez e profesionalidade da estancia. Actualmente o centro, sito na Avda. da Gran Vía, atópase cun índice de ocupación próximo ao 80%.
Ballesol Vigo é tamén xerador de emprego estable e de calidade. E de oportunidades para un sector en continuo crecemento que busca novos profesionais nunha contorna laboral saudable, produtivo, conciliador e modélico.
A terceira edición do Programa Integrado de Emprego, PIE Mos 3.0 está a rexistrar moi bos resultados. Actualmente, conta cunha porcentanxe de inserción do 77%. Isto é, das 85 persoas participantes neste programa, o 78% (67 persoas) está traballado ou traballou ao longo do mesmo. O teceiro PIE (Programa Integrado de Emprego) Mos 3.0 comezou o 1 de decembro de 2017 e rematará o día 30 de novembro deste ano.
O Programa está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia con 159.685,84 euros e o Concello de Mos financia unha parte con 32.706,74 euros, sendo o investimento total no mesmo de 192.392,58 euros.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos ofrece orientación laboral personalizada mediante asesoramento a emprendedores/as, formación, e prácticas en empresas. No que se refire a intermediación laboral realízase a tramitación de máis de 500 ofertas tramitadas a través do Programa Integrado.
Son 36 as accións formativas que se imparten, entre presenciais e online e os participantes teñen a oportunidade de realizar prácticas en empresas, o que supón unha ferramenta para a inserción moi eficaz. Son períodos breves (2 semanas) de formación en empresa que serven para que as persoas aprendan a realizar as funcións propias do posto e demostrar valía profesional. Moi útiles en caso de querer realizar un cambio de sector ou para persoas sen experiencia laboral.
Así mesmo o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos conta con convenios con máis 15 empresas de distintos sectores.
O 85 % das persoas que realizan prácticas pasan a ser contratadas posteriormente nesa empresa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168