Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 29 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O BioMercado de Tomiño reunirá máis de 60 postos de produtos ecolóxicos

Tamén haberá charlas de emprendedores e actividades lúdicas e infantís durante toda a xornada

A praza do Seixo de Tomiño acollerá o domingo 30 de setembro, a cuarta edición do BioMercado, con 65 postos, dos que moitos estarán dedicados á alimentación saudable, produtos ecolóxicos e naturais. Ademais, a feira contará con diferentes actividades como charlas, obradoiros e conferencias.


O Biomercado, presentado en rolda de prensa esta semana, ven deste xeito, a consolidarse coma un evento anual que ten coma finalidade  pór en valor e dinamizar o comercio local, fomentar a produción ecolóxica, a biocultura e o mercado de proximidade.


Durante a presentación, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu o traballo dos colaboradores e salientou a variedade e cantidade de postos biosaludables que fan da actividade, “unha oportunidade de probar produtos que se fan en Tomiño e na comarca, e tamén, para os que veñen de fora, de coñecer o noso mercado municipal que é un pouco o protagonista do evento”.


Pola súa parte, Carlos Rodríguez, de Ekohuerta, unha das empresas colaboradoras, definiu este cuarto biomercado de Tomiño, coma un mercado dinámico, innovador, que va a estar moi activo e fomenta aos produtores locais de horta ecolóxica, plantas medicinais, cosmética natural, etc. “Este ano haberá novidades coma a produción de distintos tipos de terra para cultivos, ou artesanía con conchas de mar, palla, vidreiras, fariñas e panadería de hortalizas, cociña con ortigas, e unha ampla gama de gastronomía saudable. Neste sentido, lembrou a importancia de que a xente se conciencie cada vez máis sobre os beneficios deste tipo de produtos e da súa produción.


Charo Quintana, de Rural Consulting, outra das empresas colaboradoras coa organización, resaltou pola súa banda, o caso de Tomiño coma vila rural pero ao mesmo tempo moderna e con calidade de vida. “Cremos que este mercado simboliza de algunha forma a aposta que facemos polo rural”, indicou. Asemade, enumerou as actividades e postos máis novidosos, entre os que se atopan unha área dedicada ao mel, unha representación da reserva da biosfera da zona de Allariz, e salientou a posibilidade de aprender e coñecer as últimas tendencias no sector dos produtos bio.


Por último, o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, referiuse ás persoas que elixen o rural para vivir e que fan empresas sustentables, e convidou á xente a asistir á exposición dun bo número desas experiencias, que terá lugar no salón de plenos do Concello, baixo o nome de “O Caviladoiro”, a partir das 12 da mañá (programa en anexo) do domingo.

 

Programa
A programación iniciarase pola mañá coa apertura dos postos ás 11.00, e ao longo do día (até as 21.00) desenvolveranse diferentes actividades lúdicas e formativas, e obradoiros relacionados coa cociña e a gastronomía.


Horta ecolóxica, plantas, árbores, sementes; queixos, embutidos, licores, viños, conservas, doces, cafés e infusións; reciclaxe, segunda vida, antigüidades, artesanía e feito a man; gastronomía, música e relax. Todos estes sectores estarán representados nos postos que cubrirán a Praza do Seixo e parte do Mercado Municipal.


Ademais, os asistentes poderán asistir a charlas sobre diferentes temas biosaudables, ou actividades lúdicas con música en directo (Sabela Cereijo e Cherry Sweet), xogos e unha ampla oferta de degustación gastronómica.


Grupos musicais, exhibición de moenda de pimentón; xogos de mesa, obradoiro de pan con Faragullas; degustación de estrugas, postos de comida e bebida, e charlas con xente que creou negocios sustentables, porán o marco á actividade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.