Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 01 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra súmase aos actos reivindicativos do Día Nacional da Artrite

O Pazo Provincial iluminarase en verde durante a madrugada do vindeiro luns apoiando así esta data para visibilizar unha doenza que, na provincia, afecta a máis de 7.000 persoas

O Pazo provincial da Deputación de Pontevedra iluminarase de verde durante a madrugada deste luns ao martes con motivo do Día Nacional da Artrite, que se conmemora en toda España o 1 de outubro. A Deputación de Pontevedra súmase así aos actos reivindicativos nesta data para darlle visibilidade e para amosar solidariedade con todas as persoas que padecen esta enfermidade crónica en calquera das súas diferentes variantes (artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartrite).

 

A Deputación de Pontevedra fai este alumeado simbólico ao igual que outras moitas institucións por toda España. Cómpre lembrar que, na provincia de Pontevedra, son máis de 7.000 persoas as que sofren artrite e detéctanse cada ano arredor de 1.000 novos casos. En toda España, esta enfermidade afecta a un millón de persoas e estímase que a 21 millóns de persoas en todo o mundo. Falamos ademais dunha doenza que afecta especialmente ás mulleres, que representan arredor dun 70% de todos os casos.

 

 

 

 

A deputada Digna Rivas participará este sábado, en Redondela, nunha cadea humana dentro da campaña “Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite”

 

 

 

 

A través desta iluminación simbólica, a Deputación de Pontevedra únese a unha das múltiples iniciativas que se están a desenvolver ao longo de todo o territorio estatal baixo o paraugas da Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) dentro da súa campaña “Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite” e cuxo lema este ano é “Déixate ver”. O obxectivo é informar e concienciar sobre a realidade das persoas que teñen estas doenzas en calquera das súas formas.

 

Ademais do alumeado de edificios singulares coma o Pazo provincial, dentro desta campaña a nivel estatal tamén se van realizar outras iniciativas para facer visible a artrite. Unha delas é a convocatoria de cadeas humanas para visibilizar a artrite. A deputada provincial Digna Rivas participará este sábado, en Redondela, nunha destas moitas cadeas humanas que se van xuntar por toda España. Será ás 12:00 h., na Fonte Nova dos Xulgados en Redondela, convocada pola Asociación de Enfermos de Artrite da vila.

 

Ademais da iluminación de monumentos e edificios singulares e da posta en marcha de cadeas humanas, a campaña “Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite” tamén inclúe estes días mesas informativas sobre esta enfermidade en moitas cidades, así como as XIV Xornadas Nacionais de Artrite, que terán lugar o 13 de outubro no Hospital Provincial de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.