Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño renova a sinalización do Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón

Proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de axudas para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural

O Concello de Tomiño vén de rematar o proxecto de 'Reposición de sinalización e equipamento do Ecoparque Monte Tetón, financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural. Trátase dunha axuda dirixida aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2017 e publicada no BOPPO do 01/06/2017.


No Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón atópase a maior combinación de circos concéntricos coñecida na arte rupestre mundial.


A realización deste proxecto débese a que na actualidade este ecoparque presentaba considerables danos froito do deterioro normal dun xacemento ao aire libre, que afectaban principalmente á sinalización do parque e a determinados elementos estruturais, como varandas ou pasos de madeira.


Como consecuencia da realización deste proxecto modernizouse, actualizouse e substituíuse a sinalización do parque e reparouse e mellorouse a accesibilidade dos xacementos. Ademais, como complementariedade, recolleuse toda a información sobre estes petroglifos na web do concello de Tomiño, dentro do apartado Descubrir Tomiño.


O importe da axuda ascende a 36.300 euros e subvenciona ao 100% os seguintes conceptos: estudo e actualización dos contidos divulgativos do parque; elaboración, deseño e maquetación dos recursos gráficos, audiovisuais, paneis divulgativos e sinalización do parque; redacción do proxecto arqueolóxico para a intervención de estruturas; produción e instalación da sinalización e dos paneis divulgativos; publicación en liña dos recursos dixitais dos contidos accesibles; a execución da intervención nas estruturas perimetrais, pasamáns e pasarela de acceso universal ao xacemento; a difusión e publicación da intervención; a avaliación da intervención e a xustificación do proxecto.


Entra nas imaxes para ver os distintos carteis de sinalización coa información acerca deste xacemento arqueolóxico.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.