NIGRÁN
Unha trintena de voluntarios retira 300 kg de lixo da desembocadura do río Muíños
A XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, levada a cabo por cuarto ano consecutivo no municipio entre Concello de Nigrán e Adega, reuniu ao maior número de voluntarios ata a data
Unha trintena de voluntarios acudiu onte a chamada do Concello de Nigrán e a organización ecoloxista Adega para limpar a desembocadura do río Muíños, en Praia América, constituíndo o maior número de participante ata a data nesta limpeza simultánea a nivel galego. Ao longo de aproximadamente dúas horas o grupo extraeu 300 kg de lixo, fundamentalmente pequenos plásticos degradados como envoltorios de caramelos, paus de bastoncillos das orellas, tapas de botellas, restos de poliespan... Esta característica diferenciou moito a recollida desta edición, xa que no Esteiro de A Foz (onde se levou adiante nos anos anteriores) sobresaían materiais máis voluminosos (rodas, aparellos de pesca, tixolas, paraugas...) e moito vidro (botellas e vasos).
Nesta edición, celebrada por vez primeira fora do esteiro de A Foz, atopáronse principalmente plásticos (envoltorios de caramelos, paus de cotonetes, tapas de botellas, restos de poliespan...)
O Concello de Nigrán sumouse deste xeito por cuarto ano consecutivo á acción enmarcada no 'Proxecto Ríos', un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Esta XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en medio cento de concellos de toda Galiza.
“Dende o Concello de Nigrán nos sumamos sempre a este tipo de iniciativas de voluntariado ambiental e as promovemos porque teñen un caracter educativo e divulgativo que consideramos fundamental para concienciar a toda a sociedade”, asegura Juan González, alcalde de Nigrán, quen participou na limpeza xunto a voluntarios e máis membros do goberno local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217