MOS
O Concello de Mos asegura que rebaixa a súa débeda bancaria
"A un de xaneiro debía 8.200.000 euros e a fin de 2018 a débeda alcanzará os 6.772.000 euros e rematará a lexislatura con pouco máis de 6 millóns de euros de débeda bancaria financieira. A finais de ano a débeda media por habitante será de 444 euros" explican
Aproveitando a aprobación da Conta Xeral de 2017 que se levou o pasado venres a Pleno da Corporación Municipal, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Facenda, Contratación e Transparencia, Alberto Méndez, informaron da "reducción da débeda bancaria municipal que alcanzará este ano o 1.428.000 euros pasando de 8.200.000 euros a data 1 de xaneiro de 2018, a 6.772.000 a finais deste mesmo ano. Este dato ven aportado por un Informe de Tesourería que certifica tamén que a finais de lexislatura, é dicir en maio de 2019, a débeda bancaria financieira superará en pouco os 6 millóns de euros (6.091.307,75 euros para ser exactos)".
Esta reducción de débeda foi posible, segundo explicaron os representantes municipais, Arévalo e Méndez, “grazas a unha xestión responsable e eficiente da Facenda municipal baseada na amortización inmediata, en non recurrir a operacións de préstamo bancario agás para unha obra imprescindible que é a do saneamento de Tameiga, en optar por recorrer a fondos propios para a acometida de proxectos e obras e, sobre todo, en facer unha moi boa xestión de solicitude de subvencións a outras administracións para aliviar a carga de gastos municipais e evitar ter que solicitar créditos bancarios”.
Deste xeito, a débeda per cápita por habitante pasa de 538 euros a principios deste ano, a 444 cando remate o mesmo (94 euros menos) e 393 euros a final de lexislatura, momento no que a débeda bancaria por habitante terase reducido exactamente en 145 euros por persoa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168