Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 04 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva aproba as bases reguladoras de “En ruta coa Depo 2019”

Cun orzamento de preto de 365.000 euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras do programa “En ruta coa Depo” para o ano 2019. O programa da Deputación de Pontevedra, que pretende crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional, terá o próximo ano un orzamento de 364.800 euros, o que supón un incremento de case 5.000 euros con respecto ao ano pasado.

 

Carmela Silva informou de que o programa volverá a ofertar 20.000 prazas e 32 rutas por lugares emblemáticos da provincia divididas en rutas temáticas, rutas culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais.

 

O obxectivo deste programa da institución provincial é dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo, e tamén promover os valores máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, se poida sentir orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno.

 

En relación a “En ruta coa Depo 2018”, no que vai de ano máis de 15.000 persoas da provincia puideron desfrutar do programa ofertado pola Deputación. Tamén recordar, que o ano pasado participaron preto de 300 asociacións da provincia e cubríronse as 20.000 prazas ofertadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.