Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 03 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos traballa na eliminación de barreiras arquitectónicas

Nunha visita a Cogami celebrada esta mañá representantes municipais anunciaron a reanundación das obras no acceso á vivenda dunha veciña de Tameiga e a eliminación de barreiras para cadeiras de rodas nos pasos de peóns de Puxeiros

Onte celebrouse unha visita á mellora da contorna do CRD Cogami na EP-2605 á que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o Presidente de Cogami, Anxo Queiruga e o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, que estiveron acompañados por usuarios/as de Cogami. A obra de optimización foi financiada pola Deputación de Pontevedra.

 

Ao remate desta visita a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e o edil de Vías e Obras, Luis Alonso, anunciaron que o Concello de Mos reanudará mañá, previa autorización do Ministerio de Fomento, as obras necesarias para o mellor acceso ao seu domicilio dunha veciña discapacitada da parroquia de Tameiga.

 

A pesares de ter dous accesos a súa vivenda, ningún deles é digno e lle ofrece total seguridade para poder utilizar a sua cadeira de rodas; dende o acceso da Rúa Generoso Domínguez ten medo a sufrir un percance desagradable debido a pouca poboación existente nesa zona, e dende o outro acceso ten que usar a cadeira marcha atrás debido á gran pendente que presenta o terreo, o que lle supón un gran risco.

 

Por este motivo fai meses que acudiu ao Concello para pedirlle axuda á alcaldesa, quen dende ese intre se reuniu en máis de unha ocasión con ela amosándolle a súa preocupación e o seu apoio.  Acudiu xunto ca aparelladora municipal e o concelleiro de Vías e Obras varias veces ao seu domicilio tratando de buscar a solución máis axeitada.

 

Pois ben, as obras que foron iniciadas pola administración local e paralizadas por Fomento por atoparse no entorno de afección da autovía Vigo – Porriño, xa foron por fin desbloqueadas polo Ministerio e o Concello retomará mañá mesmo os traballos. Segundo informaron os representantes municipais Arévalo, Cebreiro e Alonso.

 

Por último alcaldesa e concelleiros informaron de que o Concello de Mos continuará o proceso de eliminación de barreiras arquitectónicas para persoas con discapacidade na zona do alto de Puxeiros, onde se concentran unha gran cantidade de servizos como bancos, farmacia, cafererías…etc. Concretamente os traballos, que serán acometidos con fondos propios municipais, centraranse na adaptación para cadeiras de rodas de dous pasos de peóns. O terceiro paso de peóns existente na zona, ubicado fronte á farmacia do alto de Puxeiros, xa se atopa adaptado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.