Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 21:55:06 horas

Xornal21.es
Domingo, 07 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Seguridade Cidadá recrimínalle ao 112 "non recoñecer o traballo dos bombeiros"

A concelleira socialista de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, vén de remitir un escrito á Dirección Xeral de Emerxencias manifestando o seu “malestar” co servizo de emerxencias do 112 ao omitir nos seus comunicados públicos a colaboración do servizo de bombeiros de Ponteareas.

 

A concelleira pon como exemplo as comunicación emitidas polo 112 sobre o incendio na pranta de Xesnatura no polígono industrial de O Porriño o pasado día 11 de setembro donde “foron requeridos polo propio 112 e unha vez máis omitiron a colaboración dos nosos bombeiros nas súas notas de prensa”.

 

A concelleira engade que se sinte na obriga de pedir explicaciós ao respecto e quere saber si “estes feitos son fruto da casualidade ou de si existe algunhas indicacións para que se omita a colaboración do servizo de bombeiros de Ponteareas”.

 

Resalta, a concelleira, o compromiso e profesionalidade do servizo de extinción de incendios de Ponteareas que prestan auxilio as 24 horas do día, facendo o mesmo traballo que fan outros parques que contan con máis dotacións, e atendendo ademáis do concello de Ponteareas outros sete concellos limítrofes.

 

Fernández engade que “con esta actitude reiterada só cabe pensar que a Xunta quere silenciar o traballo dos nosos bombeiros e do goberno de Ponteareas en xeral”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.