Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 05 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

As Palilleiras de Mos viaxan a Italia e Zaragoza

Estarán presentes en importantes mostras de encaixe

Integrantes da Asociación de Palilleir@as de Mos marchan hoxe venres, 5 de outubro, a dúas viaxes simultáneas. Unha é a Novadrate, Italia, e outra a Zaragoza.


A Novadrate asistirán como convidadas a unha mostra na que se concentrarán representantes de 12 países a nivel mundial (Portugal, Polonia, India, Republica Checa...). As Palilleiras de Mos exporán nunha caseta instalada na XXX Mostra do Pizzo.


A mostra prolongarase dende hoxe 5 de outubro ata o 8 outubro e na mesma compartirase o encaixe dos diferentes países e demostracións en vivo dos diferentes encaixes. Tamén se aproveita para facer unha degustación gastronómica típica dos diferentes países.


A viaxe a Zaragoza faise para asistir ao XXV Encuentro de Encajeras de Palillos que alí se celebra no recinto da Expo. O encontro será o domingo 7 de outubro de mañá e aproveitarán para facer turismo visitando o Mosteiro de Pedra, Zaragoza cidade, etc. Esta segunda viaxe está organizada conxuntamente coa Asociación Arte e Filigrana de Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.