Miércoles, 31 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 07 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán inicia a construción dunha pista de atletismo e un parque de skate en Porto do Molle

O complexo deportivo, completamente integrado na paisaxe, 
forma parte das obras de acondicionamento das marxes do río Muíños, cun custo de 510.000 €

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para construír a primeira pista de atletismo homologada na comarca e un parque de skate, instalacións que estarán rematadas antes de que finalice o ano.  Este novo complexo deportivo, que estará completamente integrado na paisaxe, sitúase en 18.000 metros cadrados da zona verde destinada a uso deportivo de Porto do Molle e forma parte do proxecto de Santorio Arquitectos de acondicionamento das marxes do río Muíños e que está levando a cabo a empresa Audeca por 510.000 €.

 

A pista de atletismo, a primeira en Nigrán, contará con catro rúas para competir en carreiras de 400 metros e tamén estará habilitada para as probas de velocidade con 115 metros, a superficie será de pavimento sintético de poliuretano e caucho, permeable sobre base de aglomerado e recheo drenante. A maiores, a instalación contará con dúas rúas exteriores en balastro natural para velocidade e carreira e, no interior, salto de altura con 15 metros de zona de impulso en pavimento sintético; salto de lonxitude e triple salto con balastro natural e foso de caída en area de 10x3 metros e, finalmente, terá zona de lanzamentos. Prácticamente anexa, nun espazo de 53x16 metros, estará o skate park con diferentes elementos para os skaters (en concreto, terá wave, quarter, wave invertido, funbox e spine). Toda a nova instalación deportiva estará nun recinto pechado con iluminación artificial e ao seu carón (tamén a piques de comezar a obra contemplada no mesmo proxecto) haberá unha zona de recreo infantil e familiar con elementos de recreo como columpios, tirolina, circuito de bicicletas BMX….

 

 

 

 

A pista de atletismo conta con 4 rúas para 400 metros e 115 metros, dúas exteriores de balastro, salto de altura, lonxitude e triple salto, ademais de zona de lanzamentos

 

 

 

 

"Estas dúas disciplinas deporitvas, atletismo e skate, teñén gran demanda na comarca e, ata agora, nulas instalacións, polo que dende o Concello damos un gran paso apoiando estes deportes", sinala o alcalde, Juan González, quen recorda neste sentido o éxito de participación no festival de scooter Porto Scoot en Praia América e, no eido do atletismo, a existencia do clube Sociedad Atlética Val Miñor, que semanalmente debe desprazarse ata a Vigo para poder adestrar en pista.

 

Os traballos nas marxes do río Muíños buscan devolver o equilibio natural o río facendo del un espazo fluvial de referencia en Galicia dende o punto de vista paisaxístico, ambiental, e incluso técnico, xa que para a súa recuperación se aplicarán solucións de drenaxe sostible pioneiras na comunidade. As obras comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle e 3 no río Nespereira, contemplando dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría novidosas á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais.

 

"Trátase dun proxecto clave para este goberno cuxo obxectivo primorial  é devolver ao río o seu equilibrio natural, fortemente alterado pola presión urbanística do polígono empresarial e da autoestrada, o que provoca cambios bruscos na súa hidroloxía que, a súa vez, alteran  a paisaxe con rapidez, como se pode constatar no ecosistema dunar de praia América", resume González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.