MOS
Últimas prazas para viaxe ao País Vasco
O prazo remata o vindeiro luns, día 8 de outubro
Dende a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que o vindeiro luns, 8 de outubro, será o último día para inscribirse na excursión ao País Vasco que se organiza dende este departamento municipal e na que os participantes poderán visitar Burgos, Bilbao, San Sebastián e Vitoria.
Trátase dunha actividade para a poboación da 3ª idade preferentemente empadroada en Mos que se realizará do 25 ao 28 de outubro do 2018.
Os/as beneficiarios/as directos/as desta actividade serán tódolos/as maiores de 65 anos ou de 55 anos en condición de pensionistas, preferentemente empadroados/as no Concello de Mos.
A finalidade desta iniciativa é que ás persoas maiores que teñan menos posibilidades de ocio, por falta de iniciativa propia ou por falta da posibilidade de organización/disposición, se lles facilite a través deste servizo a alternativa de viaxar con xente do seu entorno, coñecer novos lugares, novas culturas, etc.
O custe final da actividade para as persoas participantes é 295 euros e o prezo inclúe viaxe en autocar, hotel de 3 estrelas, pensión completa, seguro de viaxe, guía acompañante para visitas e entradas para a Catedral de Burgos, así como visita con guía oficial en San Sebastián e Funicular Monte Igüeldo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168