SALCEDA DE CASELAS
Plan Integral de Recuperación das Escolas e Casas dos Mestres
Os populares din estar "volcados en presentar proxectos necesarios para mellorar as necesidades de Salceda de Caselas"
Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, vai anticipando, desde o pasado mes de agosto, diferentes proxectos que irán plasmados "no contrato popular cos salcedenses nas próximas eleccións municipais de maio de 2019".
O Grupo Popular de Salceda, como xa se informou, leva semanas facendo reunións con diferentes grupos de traballo, sendo o momento de anunciar outra das apostas que se queren levar a cabo para poder mellorar Salceda, por elo veñen de anunciar “o Plan Integral de Recuperación e Posta en Valor das Escolas e Casas d@s Mestres das Parroquias (Picoña, Parderrubias, Soutelo e Budiño)”.
As proposta sobre este Plan para as diferentes casas e escolas, iranse anunciando nas vindeiras semanas, xa que, como sinalou Santi Davila “o noso grupo presentará unha proposta para cada edificio, que non son pechadas, xa que é preciso coñecer as opinións e as diferentes ideas das asociacións, colectivos e veciñ@s de cada unha desas parroquias para o edificio da súa parroquia”.
No día de hoxe, Davila deu a coñecer a primeira destas propostas, a recuperación da antiga escola da Vendanova (San Xurxo). A idea é convertir esa edificación nun centro de formación educativa persoal e multidisciplinar, con Aula municipal de empoderamento persoal (AMEP), aula de aprendizaxe persoal en linguas extranxeiras (inglés, francés, chino…), Aula de finalización de estudos básicos, accesos e coñecementos cívicos (eso, acceso a universidade para maiores de 25 anos, seguridade viaria...) e un Aula de formación social (dependencia, violencia de xénero...). Davila sinalou que “O obxectivo deste proxecto é convertir a escola nun centro educativo e de formación persoal, en eidos que precisamos para desenvolvernos a diario, tanto profesionalmente como persoalmente” destacou o portavoz popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168