Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Xornal21.es
Domingo, 14 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O alcalde pide ó ORAL a exención do IBI para os afectados pola explosión de Paramos

A misiva inclúe unha lista coas vivendas afectadas

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, envía unha carta ó ORAL para solicitar a exención do Imposto sobre Bens Inmobles, o IBI,  do exercicio do ano 2018 para os propietarios das vivendas que quedaron total o parcialmente destruídas trala explosión da pirotecnia no barrio da Torre en Paramos o pasado 23 de maio. Xunto a esa carta, envía tamén unha listaxe das casas afectadas para as que se solicita esa exención fiscal.


O motivo desta misiva é que neste mes de outubro ou en novembro o ORAL vai emitir os recibos do IBI que os afectados van ter que pagar, segundo o alcalde de Tui “debido a demora coa que o goberno do estado está a tratar este asunto” posto que a priori, a raíz da declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, hai un compromiso por parte do goberno central de declarar exentas do IBI as vivendas máis afectadas pola explosión.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.