Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 16 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Unidade Móbil de doazóns visita A Guarda o 19 e 20 de outubro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o vindeiro venres día 19 de outubro e sábado 20 de outubro.

 

Este autobús estará emprazado na Rúa Coruña, ao carón do Campo da Fínola o venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00 horas e o sábado en horario de 10:00h a 15:00 h.


O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

  • Non esquezas traer o seu DNI.
  • Non acudas sen almorzar e despois do xantar agarda 2 horas
  • Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento

 

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

 

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.