Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP reclama a mellora inmediata da estrada Torneiros - Pontellas

Os populares esixen á Deputación de Pontevedra que proceda ao acondicionamento, mellora e correcto mantemento desta estrada e, urxen ao Goberno Municipal a que dunha vez por todas faga as xestións necesarias para dar solución a estes veciños

O presidente dos populares do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, xunto ao deputado provincial Santiago Rodríguez Dávila, comprobou esta semana o estado "de absoluto abandono e as consecuencias da falta de mantemento da estrada provincial que une Torneiros coa parroquia de Pontellas".


“A maleza que invade as beirarrúas e a calzada, beirarrúas intransitables para os numerosos peóns que cada día transitan por elas, barreiras arquitectónicas que impiden o paso, pasos de peóns inaccesibles e unha iluminación deficiente e estropeada en moitos puntos evidencian a falta de atención do goberno provincial”, sinala Lorenzo, “pedimos tanto ao Concello como á Deputación que unan forzas para garantir que dunha vez por todas as estradas que unen as nosas parroquias sexan transitables para os veciños e veciñas”.


No mesmo sentido se postulou Santi Rodríguez “O goberno de Carmela Silva ven de asinar o contrato máis grande de privatización da historia da Deputación en infraestructuras, e o estado das estradas provinciais é o que vemos neste vial, abandono e inseguridade para os peóns”.


Dende o PP do Porriño solicitan, unha vez máis, que "de maneira inmediata a Deputación provincial proceda ao acondicionamento, mellora e correcto mantemento desta estrada e, urxe ao Goberno Municipal a que dunha vez por todas faga as xestións necesarias para dar solución a estes veciños”.


Asemade, e tras ter solicitado solucións a través dun rogo presentado polo grupo popular no pasado pleno da Deputación, presentarán por escrito a solicitude reclamando estas melloras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.