Sábado, 31 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Aberto o prazo de presentación de ofertas para prestar o servizo nas ludotecas municipais

Rematará o 25 de outubro e os interesados poden optar a xestionar os dous centros, o de San Rafael e o Louredo, ou un só deles

Dende a concellería de Política Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que se atopa aberto o prazo de presentación de ofertas do procedemento de licitación do servizo de Ludotecas Municipais. O prazo para as empresas que queiran optar a ser concesionarias do devandito servizo rematará o vindeiro día 25 do presente mes de outubro.

 

As empresas poderán presentarse para prestar o servizo nunha das dúas ludotecas municipais, a de San Rafael (Pereiras) ou a de Louredo, ou para prestar o servizo en ambas.

 

A forma de adxudicación do contrato será por procedemento aberto simplificado en base á mellor relación calidade-prezo das ofertas. As bases poden ser consultadas na sección Perfil do Contratante da páxina web municipal

 

O prezo anual mínimo por cada ludoteca establécese en 1.000 euros máis IVE. A empresa adxuducataria terá tamén que asumir os gastos de limpeza, mantemento, vixiancia, teléfono, auga, e enerxía eléctrica. O prazo de explotación do servizo será de dous anos prorrogables a outros dous, a petición do adxudicatario.

 

O adxudicatario deberá contar cos medios materiais e persoais necesarios para o correcto desenvolvemento das tarefas obxecto do contrato. O equipo profesional para a xestión das ludotecas contará con formación e experiencia profesional no campo da educación ou no da socioanimación infantil e xuvenil e estará integrado por un coordinador/a de cada centro, e monitores en función do número de nenos usuarios e das súas idades: no caso de nenos de 3 a 6 anos un monitor por cada 25 nenos, e no caso de maiores de 6 anos un monitor por cada 30.

 

A prestación do servizo será durante os 12 meses do ano de luns a venres en horario de 16.30 horas a 20.30 horas, como mínimo, durante o curso escolar; e de 09.00 horas a 15.00 horas, como mínimo, nos períodos vacacionais de verán, Semana Santa e Nadal.

 

O horario poderá modificarse en función das necesidades do servizo, en caso de actividades específicamente deseñadas para datas concretas… etc.

 

Cebreiro, destacou  a “importancia social deste servizo, fundamental para a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Mos”. E puntualizou que “Coa gran extensión territorial que ten Mos é importante poder contar con dúas Ludotecas Municipais”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.