Ponteareas
Garrote, acusa a Belén Villar de "tapar os comentarios machista do Alcalde de Vilanova"
As socialistas de Ponteareas saen ao paso dos últimos comentarios verquidos pola voceira do Partido Popular, Belén Villar, contra a Presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, “por exculpar pola porta de atrás” os comentarios machistas do alcalde popular de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.
Para o PSdeG-PSOE de Ponteareas a actitude de Villar é deleznable e inadmisble “dado que os insultos machistas verquidos polo alcalde do PP de Vilanova supoñen un ataque a todas as mulleres”.
Asimesmo, as socialistas ponteareáns denuncian que "Villar, candidata do partido conservador á alcaldía, tratou de exculpar ao seu compañeiro nas redes sociais mediante a difusión dunha campaña difamatoria" que ao entender do Partido Socialista “é un amparo do machismo máis rancio”.
Chus Garrote, Secretaria Xeral dos socialistas de Ponteareas e tenente de alcalde da vila do Tea, sinala que os comentarios da edil do Partido Popular de Ponteareas "supoñen un ataque á igualdade entre homes e mulleres" e insta á Villar a "pedir desculpas" e retractarse dos seus comentarios “xa que supoñen un ataque a todas as mulleres”.
Garrote, quen tachou ao alcalde popular de Vilanova de machista tras chamar "chacha para todo" á Presidenta da Deputación Carmela Silva, pregúntalle a Villar e ás edís populares “por que consenten o machismo do seu compañeiro do PP”. Neste senso, a socialista Chus Garrote, tamén aproveitou para pedir a dimisión do alcalde de Vilanova Gonzalo Durán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8