VIGO
A Xunta premia o CIFP Manuel Antonio de Vigo por un traballo sobre turismo e linguaxe publicitaria
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou este mes o galardón do programa de innovación educativa Galicons-net, co que se promove o consumo responsable nos centros educativos galegos
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou este mes no CIFP Manuel Antonio de Vigo un dos premios do programa de innovación educativa Galicons-net, co que a Xunta difunde e promove os valores do consumo responsable nos centros educativos galegos.
A través desta iniciativa, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia premia os proxectos en materia de consumo responsable realizados por catro centros educativos de diferentes etapas. Na última edición, o proxecto do alumnado de educación infantil e primaria centrouse na análise da relación entre o consumo e o xénero, mentres que os proxectos dos centros de secundaria, formación profesional de grao medio e superior e educación especial analizan a linguaxe publicitaria.
O proxecto do CIPF Manuel Antonio de Vigo, gañador nesta última categoría, levou por título “E ti, practicas un turismo responsable?”. O obxectivo principal foi amosarlle ao alumnado dos ciclos superiores de xestión de aloxamentos turísticos, de axencias de viaxes e de xestión de eventos e de información e asistencias turísticas, un correcto emprego dos elementos da linguaxe publicitaria, para que os futuros profesionais do sector non só coñezan con detalle os recursos e os destinos turísticos que oferta Galicia, senón para que a promoción destes destinos se realice de forma responsable, respectando os dereitos das persoas consumidoras neste eido, con campañas de comunicación éticas e sustentables.
Para o desenvolvemento do proxecto, o alumnado investigou as características de diferentes destinos turísticos galegos, e tamén estudou as marcas turísticas empregadas, analizando os seus logotipos, slogans, ou páxinas web de referencia. A continuación, os estudantes desenvolveron varias tarefas de comunicación comercial, elaborando os seus propios anuncios con cuñas de radio publicitarias, merchandising, deseñando unha landing page ou creando perfís propios nas redes sociais.
O proxecto, no que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co sector turístico, incluíu desde a elaboración de cuñas de radio á creación de perfís nas redes sociais
Na convocatoria dos premios Galicons-net establécense catro categorías de participación: Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria; Categoría B: alumando de educación secundaria obrigatoria; Categoría C: alumando de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior e formación profesional e de educación de persoas adultas e categoría D: alumnado de educación especial. O mellor proxecto en cada unha das categorías recibe un premio en metálico de 1.500 euros. Ademais, a persoa coordinadora e o profesorado participante nos proxectos premiados recibirán da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria unha certificación de 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para o profesorado coordinador e 20 horas para o resto do profesorado participante.
Os centros interesados poden solicitar a súa inscrición no Programa Galicons-net a través aplicación do Plan Proxecta ou ben contactando directamente co Instituto Galego do Consumo e da Competencia no correo electrónico igc.escuela@xunta.gal ou no teléfono 881 999 091.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104