Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 18 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Ventos do Val exhibe o talento coral mosense en Extremadura

Tras o intercambio cultural realizado a pasada fin de semana preparan o Concerto de Santa Cecilia que se celebrará o 18 de novembro no Multiusos

A Coral Polifónica Ventos do Val, da mosense parroquia de Petelos, realiza ao longo do ano varios intercambios culturais atendendo a peticións das agrupacións que así llo solicitan.


A Coral Ventos do Val, marcándose como obxectivo o de representar con orgullo ó municipio de Mos e cantar cancións do folclore galego  fóra da Comunidade Autónoma, desprazouse ata Extremadura onde foi moi ben recibida.


Concretamente foi a pasada fin de semana, os días 12, 13 e 14 de outubro, cando os integrantes da coral mosense viaxaron a Extremadura visitando Cáceres e Mérida; e actuando no Concello de La Garrovilla.


Na súa visita a Mérida os compoñentes da Coral Ventos do Val realizaron un ensaio no Anfiteatro Romano, polo que foron aplaudidos con entusiasmo polos moitos turistas visitantes que se atopaban no recinto deste emblemático conxunto histórico monumental.


Tras a actuación en La Garrovilla, a coral local e Ventos do Val cantaron xuntas O Voso Galo Comadre, e a coral de Petelos foi convidada a unha cea a base de productos típicos da zona. En agradecemento, o fin de festa correu a cargo dos membros de Ventos do Val, que realizaron a típica queimada galega.


Concerto de Santa Cecilia
Tras esta entrañable viaxe, Ventos do Val continúa coa súa axenda de actuacións musicais e o domingo 18 de novembro ás 18.00 horas celebrará o tradicional Concerto de Santa Icía (Santa Cecilia) no Multiusos de las Pozas. Acompañarán á coral de Petelos dúas agrupacións corais convidadas, a de Santa María de Pazos e Balde Rosa de Ponte Caldelas. Tamén contarán coa presencia do grupo de acordeóns da Escola de Música de Mos, Argonat Band.
 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.