GALICIA
Os socialistas urxen á Xunta para estudar o traslado de Ence fora da ría
Patricia Vilán apunta ao rexeitamento social da factoría, que “sacou á rúa a 20.000 persoas contra a prórroga de 60 anos asinada por Rajoy”
A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para instar ao goberno galego a participar nunha mesa de diálogo xunto coa Administración do Estado, o Concello de Pontevedra e colectivos afectados para estudar o traslado de Ence fora da ría.
A responsable socialista lembra o amplo rexeitamento social contra a factoría, que cristalizou nunha ampla manifestación “na que participaron 20.000 persoas en Pontevedra cando o goberno de Rajoy –en funcións e por delegación a unha directora xeral- lle concedía a Ence unha prórroga por 60 anos máis, sen que o goberno galego dixera unha soa palabra”.
Vilán reclama unha solución que atenda tanto ás necesidades sociais e medioambientais como ao mantemento dos postos de traballo da planta, que ocupa unha ampla superficie na marxe esquerda da ría de Pontevedra dende 1959.
Puntualiza que “a súa situación non é a máis axeitada, e tanto é así que ata o propio presidente da Xunta se subiu a ese carro un día de Pleno” cando hai 3 lexislaturas o Parlamento acordou unha transacción para situar á factoría fora da ría de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217