VIGO
Alcalde e director provincial da Seguridade Social formalizan a cesión do antigo ambulatorio de Teis
O Goberno de España cede de balde o inmoble ao Concello, que habilitará en Enrique Lorenzo 54 unha biblioteca pública municipal. Abel Caballero avanzou que a aceptación da cesión está "a punto" de ser aprobada polo goberno de Vigo, que xa prepara o proxecto
A reunión desta semana entre o alcalde, Abel Caballero, e o director provincial da Tesourería da Seguridade Social, Juan Herrera, supón o acto de formalización da cesión gratuíta do antigo centro de saúde de Teis, previo á súa reconversión en biblioteca pública municipal.
A aceptación da cesión está "a punto" de pasar pola Xunta de Goberno Local, adiantou o rexedor en rolda de prensa. Recordou Caballero que o actual goberno de Pedro Sánchez traspasa de balde "e no tempo mínimo posible" o edificio, o que negou o anterior executivo de Mariano Rajoy ata en dúas ocasións.
O Goberno de Vigo xa traballa na futura biblioteca pública municipal de Teis, actualmente co estudo do estado do edificio e preparando o proxecto. As contas do Concello para o próximo ano, dentro das partidas económicas xenéricas da Concellería de Cultura, reservarán unha cantidade para "o proxecto e licitación da nova biblioteca de Teis".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104