Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 22 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos pon en marcha novas accións formativas para persoas desempregadas

Atópase aberto o prazo de inscrición para seleccionar ao alumnado e equipo docente

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia acaba de conceder ao Concello de Mos catro accións formativas destinadas a persoas desempregadas, por un importe total de 249.580 €.


Con isto, a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías pretende aportar unha formación de calidade que permita aos alumnos obter unha serie de habilidades e coñecementos que aumenten as súas posibilidades á hora de acceder a ofertas de emprego. O Concello de Mos segue a ser un gran promotor da formación para o emprego, desenvolvendo cada ano múltiples cursos formativos co fin de incrementar o nivel de inserción laboral das persoas desempregadas.

 

As catro accións formativas que se van a impartir serán as seguintes:

Dous cursos de Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG (FMEC0210) – 678 h. (Un en horario de mañá e outro en horario de tarde).

Nivel de cualificación: 2
Requisitos de acceso:

  • Estar en situación de desemprego.
  • Estar en posesión do título da E.S.O.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado ao que desexa acceder.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia e área profesional.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ter superadas as probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
  • Ter superada a PAU para maiores de 25 anos ou 45 anos.
  • Ter o certificado de apto nas Competencias Clave nivel 2.

 

Docencia da formación profesional para o emprego (SSCE0110) – 389 h.
Postos de traballo relacionados: formador de formación non regrada, formador de formación ocupacional non regrada, formador ocupacional, formador para o emprego e formador de formadores.

 

Mercadotecnia e compravenda internacional (COMM0110) – 768 h.
Postos de traballo relacionados: técnicos en comercio exterior, axente comercial internacional, técnico de marketing internacional, técnico de venta internacional e asistente ao departamento de operacións comerciais internacionais.

 

Nivel de cualificación profesional de ambos cursos: 3

Requisitos de acceso a ambos cursos:
Estar en situación de desemprego.

  • Estar en posesión do titulo de Bacharelato.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado ao que desexa acceder.
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 2 da mesma familia e área profesional.
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ter superadas as probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
  • Ter superada a PAU para maiores de 25 anos ou 45 anos.
  • Ter o certificado de apto nas Competencias Clave nivel 3.

 

Estes catro cursos contarán con prácticas non laborais en empresas, onde os alumnos terán a oportunidade de desenvolver os novos coñecementos adquiridos ao longo da acción formativa nun ambiente real de traballo, que de seguro lles será de gran utilidade para o seu futuro profesional.


Todas estas accións formativas teñen os procesos de selección de alumnado, así como de docentes,  abertos, e a data de comezo será en breve, polo que calquera persoa interesada na participación nestas accións formativas debe facer a súa solicitude a través da OFICINA DE EMPREGO DE PORRIÑO, ou ben informarse no teléfono 986 48 77 86 ou no correo: info@axenciadecolocacionmos.es.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.