MUNDO EMPRESA
Axudas, formación e asesoramento son algunas das ferramentas clave que favorecen o emprendemento en Galicia
O Igape ofrece os servizos da Rede Galega de Mentores ou instrumentos de apoio que inclúen as axudas incluídas en programas como Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende
Formación e asesoramento especializado imprescindibles para emprender con garantías. /JUPITERIMAGES
Os emprendedores e os autónomos son un dos motores principais da economía galega que están a xogar un papel moi destacado na consolidación da recuperación económica na nosa Comunidade Autónoma.
Saber identificar as oportunidades que nos ofrece o mercado será clave para iniciar un proxecto de negocio, ademais deberá de terse en conta as axudas públicas que diferentes organismos poñen a disposición das emprendedoras e emprendedores galegos.
Nese ámbito, a Administración autonómica está a impulsar medidas que favorezan o emprendemento en Galicia. Ademais de facilitar formación e asesoramento especializado a través de iniciativas como a rede de espazos coworking, ofrécelles aos emprendedores, a través do Igape, servizos como a Rede Galega de Mentores, e instrumentos de apoio que inclúen as axudas reguladas mediante programas como Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende, os novos préstamos directos do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIS), ou o financiamento a través de fondos de capital risco.

Programa Galicia Emprende
A nova convocatoria de axudas do programa Galicia Emprende aínda está activa. Os emprendedores e autónomos interesados en solicitar os apoios poden facelo ata o vindeiro 25 de outubro. Poden acollerse proxectos promovidos en Galicia, tanto de nova creación como de consolidación de empresas durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento.
Os emprendedores e autónomos interesados en solicitar os apoios poden facelo ata o 25 de outubro
A través desta actuación preténdese achegar axudas por valor de 3 millóns de euros para impulsar 80 proxectos de autónomos e emprendedores, xerando investimentos por 11 millóns de euros.
Esta liña de apoio ao emprendemento, coordinada pola Xunta e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Económico, ten como obxectivo estimular o tecido empresarial galego e fomentar a xeración de emprego mediante a creación e fortalecemento de novas pemes. O importe dos investimentos apoiados está comprendido entre os 25.000 e os 500.000 euros e as axudas concedidas poderán cubrir ata o 30% dos mesmos no caso das pequenas empresas e ata o 20% no das medianas.
Os interesados poden ampliar información nas oficinas territoriais do IGAPE e no Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47.
Co mesmo obxectivo, pero focalizando a acción no ámbito rural, a Xunta vén desenvolvendo o programa Galicia Rural Emprende, deseñado para promover a diversificación e creación de novas empresas non agrícolas sobre o territorio.
Mediante estas dúas iniciativas, durante o ano pasado o Goberno galego apoiou 162 proxectos empresariais de emprendedores que mobilizaron máis de 18 millóns de euros en novos investimentos que levan asociada a creación e o mantemento de 385 postos de traballo.
As bases poden consultarse na web http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP347

Espazos coworking
Facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o conxunto do territorio galego, incrementando así as probabilidades de éxito das iniciativas impulsadas polos emprendedores, é o obxectivo dos espazos coworking que están a desenvolver a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI).
Esta rede, posta en funcionamento en 2016, busca contribuír ao desenvolvemento e consolidación de iniciativas empresariais e á creación de emprego.
Esta iniciativa de cooperación entre a Administración autonómica e a EOI xa ten permitido consolidar en toda Galicia preto de 420 proxectos promovidos por máis de 500 emprendedores galegos.
Nesta edición participan oito espazos de emprendemento ubicados en diferentes puntos da xeografía galega: Celanova-Terras da Limia, A Mariña lucense (en Mondoñedo), A Ribeira Sacra (en Monforte de Lemos), Santiago de Compostela, Ferrolterra, A Costa da Morte (en Cabana de Bergantiños), O Salnés (en Vilanova de Arousa), centrado sobre todo no turismo e a alimentación e un oitavo coworking en San Cibrao das Viñas (Ourense) onde prima a industria forestal.
Estas iniciativas contribúen a dinamizar a economía e o emprego dos concellos máis pequenos, así como aproveitar os recursos de cada zona para crear novas oportunidades e fixar poboación. Deste xeito, estas aceleradoras xeran o clima de confianza necesario para poñer en marcha un negocio á vez que se fomenta o traballo colaborativo.
O obxectivo prioritario das iniciativas de coworking é acelerar os procesos de desenvolvemento de proxectos empresariais así como a súa maduración e implantación dunha forma adecuada, todo iso coa finalidade de crear emprego, incrementando as posibilidades de que teñan éxito as iniciativas emprendedoras no futuro.
Rede galega de aceleradoras
Esta actuación responde ao compromiso da Xunta co emprendemento, enmarcándose nunha rede de aceleradoras de Galicia coa que se apoiaron xa máis de 900 proxectos nos últimos cinco anos a través de iniciativas como Agrobiotech en Lugo e Ourense, centrada nos sectores agroalimentario, forestal e a biomasa; a Business Factory Auto (BFA), en Vigo, coa colaboración de PSA, Zona Franca e Ceaga; os programas Connecting for Good Galicia e Galicia Open Future, en Santiago, coa participación de Vodafone e Telefónica, respectivamente; ViaGalicia, en Vigo e Lugo, que conta co apoio de Zona Franca; ou a primeira incubadora de fármacos de España, que se promove desde Santiago coa Fundación Kaertor e a multinacional Janssen; ademais de aceleradoras privadas centradas en proxectos de I+D+i.

Un total de 20 proxectos participan na terceira edición do BFA
O Comité Executivo da Business Factory Auto ( BFA) seleccionou 20 proxectos empresariais para participar na terceira edición do BFA, que arrincará coa fase de aceleración o 29 de outubro.
O Comité, integrado por representantes da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Groupe PSA e CEAGA, seleccionou, como convidados a participar no seu terceiro programa de aceleración, aos seguintes proxectos:

Programa de aceleración
DTVIEW 3D – Several Companies spin- out de Soltec Enxeñeiros, OPF e freelance. Desenvolvemento dunhas lentes de realidade virtual, aumentada e mixta que permita levar aos técnicos ao interior de máquinas, procesos, deseños ou fábricas cun alto nivel de detalle.
EMDURA – Spin- off da Universidade de Vigo e startup. Servizo integral que agrupa procesos de endurecemento e acabado de pezas de aceiro de altas esixencias e que, á súa vez, aplica técnicas novas que permiten a redución de custos de fabricación e a mellora da calidade do produto-servizo.
INMAKE INTEGRA – Startup. Desenvolvemento dunha plataforma online que ofreza un servizo integral para todo o proceso de fabricación de prototipos, útiles, ferramentas ou series mediante manufactura aditiva.
LIBERIOT – Spin- out de Inubo. Permite crear infraestruturas privadas de IoT par despregar sensores inalámbricos de baixo custo alimentados por baterías simples e programables.
MOBOCEN – Startup. Sistema de monitoraxe en tempo real de bombas hidráulicas para aumentar a vida útil e diminuír o custo de mantemento.
REDE PRIVADA ETHEREUM E INTEGRACIÓN CON DOCUTEN – Spin- out de Enxendra. Creación dunha rede sectorial, securizada e de infraestrutura privada co obxectivo de descentralizar as solucións de firma electrónica por un servizo de notaría dixital.
ROBOT AUTÓNOMO CON SISTEMA DE VISIÓN E GUIADO AUTOMÁTICO – Spin- out de Unimate Robótica. Solución que aúna un robot cun sistema de visión, que lle permite posicionarse nos postos de traballo de maneira precisa e segura, coa tecnoloxía dos AGVs, para poder desprazarse con autonomía pola planta.
SGS – Startup. Desenvolvemento dun sistema SGS (Safety Xeral Structure), consistente nunha plataforma para vehículo eléctrico que integra un bastidor distribuído, que mellora os estándares actuais de seguridade, refrixeración, lixeireza e confort.
TECHEYE – Spin- out de Inova Labs. Desenvolvemento dunha plataforma de IoT para a captación, almacenamento e procesamento de imaxes e datos de sensores auxiliares na ocorrencia de defectos, achegando, desta forma, intelixencia aos procesos de control da calidade.
VR- AR MEIFUS – Startup. Creación de manuais interactivos de realidade virtual, con inclusión de realidade aumentada, para os traballos de mantemento en máquinas ou células de fabricación industrial desde un único interface.
A fase de consolidación para proxectos máis maduros contará coa presenza de 7 compañías da segunda edición e 3 novas que se incorporan á iniciativa. En total, esta fase contará cos proxectos:
Programa de consolidación
CIN ADVANCED SYSTEMS GALICIA – Spin- out de CIN Advanced Systems. Solución de medición e detección de defectos por visión artificial para garantir a ausencia de fallos en pezas de seguridade, estéticas e funcionais, mediante holografía conoscópica, que permite dixitalizar de forma rápida e precisa superficies complexas.
EFIMOB EV CHARGE – Spin- out de Efimob Efficient Solutions. Desenvolvemento dun sistema de xestión de puntos de recarga para vehículos eléctricos con abalo dinámico de potencia.
EZHIRE - ON- DEMAND CAR DELIVERED – Spin- out de Ezhire Technologies. Plataforma de aluguer de vehículos sen procedementos nin longos trámites.
IIÔR: INDUSTRIAL INTERNET OF ROBOTS – Spin- out de Ledisson A& IT. Tecnoloxía IoT para os sistemas robotizados cun software que permite interconectar os robots e automatismos de calquera xeración e fabricante nunha plataforma común.
INPROSEC-AUTO – Spin- out de Inprosec. Servizo integral de ciberseguridad industrial, desde servizos de auditoria técnica e organizativa en fábrica ata o desenvolvemento de servizos e produtos específicos de seguridade.
KALEIDO AUTOMATION SERVICES – Spin- out do Grupo Kaleido. Dixitalización e automatización de almacéns e contornas produtivos, utilizando a tecnoloxía “Self Driving Vehicles” que non require instalación física e permite a adhesión ou retirada de vehículos ao sistema de forma inmediata e sen reprogramación.
MUUTECH MONITORING SOLUTIONS – Startup. Ferramenta que permite un control centralizado de toda a empresa, a través da monitoraxe en tempo real, para reducir as paradas de produción e os efectos destas.
NORLEAN MANUFACTURING & PRODUTIVIDADE S. L. – Several Companies spin- out de Soltec Enxeñeiros e OPF. Software de simulación 3D, utilizando a metodoloxía Lean, que permite acceder e analizar grandes cantidades de datos para perfeccionar estratexias competitivas anticipando patróns e tendencias de maneira fácil e segura.
SIMAXSU – Startup. Desenvolvemento de sistemas de suxeición mixtos para o movemento de pezas, baseados en tecnoloxía magnética e en fabricación aditiva.
WEARHEALTH – Spin- out de Wearhealth UG. Plataforma intelixente e interoperable baseada en intelixencia artificial e datos de IoT, que mellora a produtividade, a seguridade dos traballadores e a vixilancia de tarefas.
Esta terceira edición será, sen dúbida, a máis internacional, xa que dos 20 proxectos seleccionados hai un de Dubái (Ezhire), que consiste nunha plataforma de car sharing e outro de Alemaña (Wearhealth) sobre intelixencia artificial. Ademais, fóra da comunidade galega, tamén participará un proxecto do País Vasco (CIN) para a detección de defectos.
O balance da iniciativa está a ser moi positivo tras dúas edicións xa finalizadas e unha a piques de arrincar, debido a que se crearon 22 empresas (máis 13 novas nesta terceira convocatoria) e máis de 150 empregos, cunha facturación de 10 millóns de euros (prevista para peche de ano). Ademais, cubríronse ocos na cadea de valor do Sector, principalmente relacionados coa dixitalización ou a Industria 4.0, e xerouse talento e innovación na nosa Comunidade.
Nesta terceira convocatoria produciuse un récord de participación, xa que se presentaron 62 proxectos de 9 países diferentes (España, Portugal, Francia, Alemaña, Hungría, Romanía, Lituania, Taiwan e Dubái), todos eles relacionados coa transformación dixital.
Formación e asesoramento especializado imprescindibles para emprender con garantías. /JUPITERIMAGESOs emprendedores e os autónomos son un dos motores principais da economía galega que están a xogar un papel moi destacado na consolidación da recuperación económica na nosa Comunidade Autónoma.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217