Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 27 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Visitas guiadas ao Museo de Pontevedra para Samaín

Para este Samaín, o Museo convida ao público a profundar nos ritos funerarios dos nosos antepasados desde as mámoas ata a visión romántica da morte no século XIX, e como estes marcaron dalgunha maneira os nosos costumes actuais. Estas visitas levan por título ‘Ritos funerarios desde a prehistoria ata a tradición popular galega', e están dirixidas especificamente a público adulto.


Para isto programa dúas visitas. A primeira será o mércores 31, de 19:00 a 21:00 horas, o equipo de arqueólogos de "Árbore" achegaran os rituais mais antigos a través dos restos arqueolóxicos expostos no Museo e de material didáctico de apoio, facendo fincapé nas tradicións romanas que aínda se manteñen na cultura galega.


A segunda celébrase o venres 2 de novembro, de 19:00 a 21:00 horas, Helena Rodríguez Villar, licenciada en Historia, amosará desde unha perspectiva antropolóxica os comportamentos relixiosos noutros tempos, especialmente na Idade Moderna e inicios da Contemporánea, analizando como se lle facía fronte á enfermidade e á morte, tanto propia coma a das persoas queridas, e como as e os artistas representaron estes temas.


Ofértanse 30 prazas por visita, e a inscrición pode facerse no teléfono 986 804 100, extensión 42315 ou 42413, ou ben no enderezo electrónico curtas.museo@depo.es.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.