Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 23 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Inaugurada a Feira Internacional Finde.U na que a Deputación participa cun stand

A participación da Escola no evento enmárcase na campaña impulsada pola institución provincial para dar a coñecer a formación que se imparte e as súas saídas profesionais

A deputada Montse Magallanes e os deputados Santos Héctor e Ángel Rivas asistiron esta tarde xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, a Feira Internacional de Emprego Universitario, que se estenderá ata mañá no IFEVI, e visitaron os stands das institucións participantes, entre os que se sitúa o da Escola de Cantería para dar a coñecer a formación impartida no centro e as súas saídas profesionais.

 

Segundo explicou a deputada Magallanes, responsable da Escola de Cantería, este centro da Deputación de Pontevedra está dirixido a persoas menores de 35 anos c o título de graduado escolar ou nivel educativo equivalente. A Escola oferta dúas modalidades de formación, a ordinaria, en primeiro lugar, para a formación en canteiro ou canteira e mestre ou mestra, e a específica, en horario nocturno, dirixida a persoas con coñecementos previos en cantería.

 

Desde o ano 1979 a Escola de Cantería ensina a traballar a pedra e a estimular a vocación artística para o desenvolvemento da artesanía no sector da elaboración dos traballos en pedra. As persoas que estudan na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra reciben unha formación moi completa estudando modelaxe, escultura, debuxo técnico, debuxo artístico, historia da arte e construción e realizando prácticas de laboratorio e informática. Xunto á formación regrada para obter o título de canteira ou canteiro e mestra canteira ou mestre canteiro, tamén se imparte formación complementaria sobre programas de deseño asistido, cursos de Autocad, de Photoshop, de primeiros auxilios ou de riscos laborais.

 

A formación que o alumnado recibe nesta Escola é eminentemente práctica e así, moitas das súas obras de arte están a ser situadas en lugares de Galicia, de toda España e tamén de Brasil, México, Arxentina, Panamá e Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas traballaron na restauración do Capitolio de Washington, a restauración do barrio de Chiado de Lisboa, traballos de restauración e rehabilitación da Catedral de Santiago, a construción da Sagrada Familia de Barcelona e tamén na Catedral de Westminster, de Londres.

 

Finde.U trátase dunha actividade organizada polas universidades de Vigo, Porto Tras-os Montes e Alto Douro e a Católica Portuguesa para dar a coñecer actividades formativas así como ofertas de emprego e ata as competencias máis valoradas polas empresas. En liñas xerais, a feira está centrada na promoción do emprego e ten por obxectivos converterse na plataforma de cooperación e acercamento entre o talento universitario e o tecido empresarial. De feito, este ano participan na feira dous centenares de empresas e agárdase superar os datos do 2017, cando asistiron 5.000 visitantes e se presentaron 13.000 candidaturas a ofertas de emprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.