Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 08:36:57 horas

Xornal21.es
Viernes, 26 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O libro “La gripe de 1918 en Tui” do Dr. Rosendo Bugarín preséntase hoxe en Tui

Será as 20.00h na Sala Felix Rodriguez, no Edificio Área Panorámica

Este venres, 26 de outubro, ás 20.00h terá lugar na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, a presentación do libro “La gripe de 1918 en Tui” que asina o tudense Rosendo Bugarín,  doutor en medicina e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. No acto de presentación, ademais do autor, intervirán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, e o presidente da Comisión de Ética e Deontoloxía do Colexio Oficial de Médicos da Provincia de Pontevedra, Diego Murillo Solís.


En “La Gripe de 1918 en Tui”, Rosendo Bugarín reflicte, nunha linguaxe directa e asequible a todos os lectores, como viviron os seus paisanos esa enfermidade, o que sabían dela, a información que recibiron e con qué recursos contaron para facerlle fronte. Sen caer no dramatismo, describe tamén os seus medos e a forma de combatelos.


Con este libro, el autor rende unha emocionada homenaxe a catro médicos heroicos que arriscaron as súas vidas para salvar moitas outras: os doutores Darío Álvarez, Victoriano Bugarín, Alejo Diz e Telmo Fernández. “Os catro fixeron do acto médico un acto de amor supremo” segundo Rosendo Bugarín.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.