VIGO
UGT inaugura mañá en Vigo a exposición “130 anos de loita e conquista”
Nesta repásanse 130 anos de loita obreira dende a fundación no 1888 do Sindicato
UGT inaugura mañá, día 25, en Vigo ás 11.30 horas a exposición itinerante “130 anos de loita e conquista” que está a recorrer todas as provincias españolas dentro dos actos conmemorativos do 130 aniversario do Sindicato que arrancaron o pasado 12 de agosto en Barcelona cun acto que reuniu a cadros e delegados de UGT de toda España.
No acto de inauguración, que terá lugar no Museo Verbum – Casa das Palabras (Avda. de Samil,- 17 – Vigo), contarase coas intervencións do alcalde de Vigo, Abel Caballero; da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; dos secretarios xerais de UGT-Vigo e UGT-Galicia, Ernesto Fontanes e José Antonio Gómez, respectivamente, así como do secretario de Formación de UGT-Confederal, Sebastián Pacheco, que será o encargado de pechar o acto.
Tamén contarase coa presenza do secretario xeral de UGT-Pontevedra, José Ramón Vidal Trillo; do delegado da Zona Franca e secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades; e o secretario xeral do PSdeG-PSOE de Vigo, Abel Losada.
Lembrar que a exposición permanecerá aberta ao público dende o día 25 de outubro ata o 20 de novembro no horario habitual do Museo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217