GALICIA
Uns 200 alumnos cursarán por primeira vez este ano o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía
A Consellería de Educación publica a resolución definitiva pola cal 15 centros de toda Galicia imparten este bacharelato que inclúe un proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación    
   
	
    
	
    
        
    
    
        
          
		
    
        			        			        			        			        			        			        			        	
                                
                    
    
    
    
	
	
        
        
        			        			        			        			        			        			        			        
        
                
        
        Uns alumnos de 15 centros educativos de Galicia cursan por primeira vez este ano o Stembach, o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía posto en marcha pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como unha iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020.
 
O Diario Oficial de Galicia publicaba esta semana a resolución definitiva dos centros seleccionados (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181025/AnuncioG0534-171018-0001_gl.html), a razón de 6 na provincia da Coruña, que aglutinan 80 alumnos; 3 en Lugo, con 37 alumnos; 1 en Ourense, con 19 alumnos; e 4 na provincia de Pontevedra, que suman 63 alumnos:
 
			Nome do centro
			 
			
			Concello
			 
			
			Provincia
			 
		
			CPR Plurilingüe Compañía de María 
			 
			
			A Coruña
			 
			
			A Coruña
			 
		
			IES Agra do Orzán 
			 
			
			A Coruña
			 
			
			A Coruña
			 
		
			IES Sofía Casanova
			 
			
			Ferrol
			 
			
			A Coruña
			 
		
			IES Plurilingüe Rosalía de Castro
			 
			
			Santiago de
			Compostela
			 
			
			A Coruña
			 
		
			IES Arcebispo Xelmírez II
			 
			
			Santiago de
			Compostela 
			 
			
			A Coruña
			 
		
			IES María Casares 
			 
			
			Oleiros
			 
			
			A Coruña
			 
		
			IES Lucus Augusti
			 
			
			Lugo
			 
			
			Lugo
			 
		
			IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes
			 
			
			Lugo
			 
			
			Lugo
			 
		
			IES Francisco Daviña Rey
			 
			
			Monforte de Lemos
			 
			
			Lugo
			 
		
			IES Eduardo Blanco Amor 
			 
			
			Ourense
			 
			
			Ourense
			 
		
			IES Ramón Cabanillas
			 
			
			Cambados
			 
			
			Pontevedra
			 
		
			IES Ramón Mª Aller Uloa
			 
			
			Lalín
			 
			
			Pontevedra
			 
		
			IES Plurilingüe A Paralaia 
			 
			
			Moaña
			 
			
			Pontevedra
			 
		
			IES República Oriental de Uruguay
			 
			
			Vigo
			 
			
			Pontevedra
			 
		
			IES A Sangriña
			 
			
			A Guarda
			 
			
			Pontevedra
			 
		
 
O alumnado que curse este bacharelato, -ben sexa na modalidade de Humanidades ou na de Ciencias-, no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de fin de grao, será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento STEM.
 
Así mesmo cursará unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular.
 
O bacharelato complétase con actividades de formación -organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou con persoas investigadoras de recoñecida competencia- como conferencias, obradoiros ou proxectos.
 
Ao final da etapa, e tras a avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha certificación acreditativa da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.
 
O obxectivo deste bacharelato é promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.
 
        
        
    
       
            
    
        
        
	
    
                                                                                            	
                                        
                                                                                                                                            
    
    
	
    

Uns alumnos de 15 centros educativos de Galicia cursan por primeira vez este ano o Stembach, o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía posto en marcha pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como unha iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020.
O Diario Oficial de Galicia publicaba esta semana a resolución definitiva dos centros seleccionados (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181025/AnuncioG0534-171018-0001_gl.html), a razón de 6 na provincia da Coruña, que aglutinan 80 alumnos; 3 en Lugo, con 37 alumnos; 1 en Ourense, con 19 alumnos; e 4 na provincia de Pontevedra, que suman 63 alumnos:
| 
			 Nome do centro  | 
			
			 Concello  | 
			
			 Provincia  | 
		
| 
			 CPR Plurilingüe Compañía de María  | 
			
			 A Coruña  | 
			
			 A Coruña  | 
		
| 
			 IES Agra do Orzán  | 
			
			 A Coruña  | 
			
			 A Coruña  | 
		
| 
			 IES Sofía Casanova  | 
			
			 Ferrol  | 
			
			 A Coruña  | 
		
| 
			 IES Plurilingüe Rosalía de Castro  | 
			
			 Santiago de Compostela  | 
			
			 A Coruña  | 
		
| 
			 IES Arcebispo Xelmírez II  | 
			
			 Santiago de Compostela  | 
			
			 A Coruña  | 
		
| 
			 IES María Casares  | 
			
			 Oleiros  | 
			
			 A Coruña  | 
		
| 
			 IES Lucus Augusti  | 
			
			 Lugo  | 
			
			 Lugo  | 
		
| 
			 IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes  | 
			
			 Lugo  | 
			
			 Lugo  | 
		
| 
			 IES Francisco Daviña Rey  | 
			
			 Monforte de Lemos  | 
			
			 Lugo  | 
		
| 
			 IES Eduardo Blanco Amor  | 
			
			 Ourense  | 
			
			 Ourense  | 
		
| 
			 IES Ramón Cabanillas  | 
			
			 Cambados  | 
			
			 Pontevedra  | 
		
| 
			 IES Ramón Mª Aller Uloa  | 
			
			 Lalín  | 
			
			 Pontevedra  | 
		
| 
			 IES Plurilingüe A Paralaia  | 
			
			 Moaña  | 
			
			 Pontevedra  | 
		
| 
			 IES República Oriental de Uruguay  | 
			
			 Vigo  | 
			
			 Pontevedra  | 
		
| 
			 IES A Sangriña  | 
			
			 A Guarda  | 
			
			 Pontevedra  | 
		
O alumnado que curse este bacharelato, -ben sexa na modalidade de Humanidades ou na de Ciencias-, no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de fin de grao, será co-dirixido por un docente dun departamento universitario ou dun centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e será titorizado polos profesores que impartan a materia de afondamento STEM.
Así mesmo cursará unha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular.
O bacharelato complétase con actividades de formación -organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou con persoas investigadoras de recoñecida competencia- como conferencias, obradoiros ou proxectos.
Ao final da etapa, e tras a avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha certificación acreditativa da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.
O obxectivo deste bacharelato é promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.
































                
                
                
                
                
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116