GALICIA
UGT-Galicia considera que "emprego e precariedade camiñan da man"
"A taxa de temporalidade está de novo en valores elevadísimos, do 26,6%; 11.100 asalariados teñen contratos que duran menos dun mes; e a taxa de parcialidade involuntaria xa acada en Galicia os 56,6 puntos" aseguran
Un trimestre máis, os datos da EPA amosan que, aínda que baixa o paro, "o emprego que se crea ten un carácter marcadamente estacional, precario e en moitos casos parcial". Por isto, UGT-Galicia considera que "chegou o momento de que as administracións, o Goberno central e a Xunta, encaren o problema do emprego xa non só dende unha perspectiva cuantitativa, senón dende un punto de visto cualitativo. Urxe apostar por emprego digno e de calidade para todos, que permita aos traballadores e ás súas familias vivir nunhas condicións dignas".
Para abrir este camiño, "urxe a derrogación das reformas laborais impostas, tanto a de 2010 como a de 2012, e a implantación e desenvolvemento inmediato de medidas que persigan a temporalidade inxustificada", o “tempo parcial ficticio”, os “falsos autónomos”, as horas extras non pagadas e as desigualdades no traballo.
Tampouco se está segundo UGT Galicia a "corrixir o problema do paro estrutural. En Galicia hai 74.200 persoas desempregadas que levan máis dun ano na procura de emprego e 53.500 que xa levan dous anos".
Por todo elo, UGT-Galicia insiste na necesidade de "deseñar uns Orzamentos para o 2019 que prevean un auténtico plan de choque polo emprego, que contemplen políticas activas de emprego dende o público, así como a mellora da protección das persoas, tendo como obxectivo a creación de emprego de calidade e con dereitos. Todo elo é necesario para que se encare unha recuperación sostible, para todos e permitindo a diminución dos niveis de desigualdade e pobreza".
As cifras ofrecidas pola EPA "apuntan a un aumento da ocupación en Galicia do 1,92%, 20.700 persoas ocupadas máis no trimestre. En relación ao mesmo trimestre do ano anterior, a ocupación medra nun 2,23%.
Así, en Galicia as cifras de ocupación sitúanse en 1.096.500 persoas, no 47%, unha porcentaxe aínda afastada dos valores superiores ao 50% que se rexistraban antes da crise" insiten dende o sindicato.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217