Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 28 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos dota de abastecemento ao barrio de Quintal

Medio centenar de persoas desta zona da parroquia de Louredo beneficiaranse do servizo

[Img #45967]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, informaron de que está a ser acometida a prolongación da tubería da rede de abastecemento no barrio de Quintal, na parroquia mosense de Louredo.

 

O desenvolvemento desta ampliación da rede de abastecemento de auga potable abarca sobre 350 metros lineais e dará servizo a 12 vivendas e a unhas 50 persoas, cubrindo así as necesidades de abastecemento no barrio do Quintal.

 

A obra, cun orzamento de 20.000 euros, está a ser realizada conxuntamente entre o Concello de Mos e o Consorcio de Augas do Louro. A financiación dos traballos asúmese tamén conxuntamente sufragando a administración local mosense o 80% do gasto e o Consorcio o 20% restante.

 

Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, anunciaron que as obras, que comezaron a semana pasada, atoparanse rematadas nun prazo máximo de 15 días.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.