Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 29 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos crea un documento marco que rexerá as accións dirixidas á infancia e á adolescencia

Considérase aos nenos e mozos do presente o futuro do municipio, por iso surxe este Plan Local co obxectivo de recoller, analizar e mellorar as directrices a seguir nas actuacións con ambos colectivos poboacionais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación, Camilo Augusto informaron  que dende o Concello de Mos estase a traballar na redacción dun documento marco que recolla o ‘Plan Local de Infancia e Adolescencia’.


Dito documento aglutinará todas as accións municipais que actualmente se están a desenvolver en materias de infancia e adolescencia, así como directrices para melloralas e incorporación de novas actuacións nestes eidos.


Deste xeito, segundo declararon os representantes locais, Arévalo e Augusto, “reforzarase a acción impulsora e coordinadora de intervención social na abordaxe do traballo transversal nas accións que se realizan no resto dos departamentos municipais”. Deste xeito, outros departamentos da administración local que aborden directa ou indirectamente asuntos relacionados coa infancia e/ou a adolescencia como poden ser por exemplo os de Política Social e Participación Cidadá, ou incluso a Policía Local, entre outros, conten cun documento guía que lles dea pautas a seguir en diferentes protocolos de actuación.


Entre outras actuacións municipais que xa se realizan e que se incluirán no ‘Plan Local de Infancia de Adolescencia’ atópanse a Aula de Integración, as axudas sociais como as becas para comedor e material escolares, actividades e programación para a promoción da conciliación da vida familiar e laboral, programas de actividades nos centros educativos dentro do horario lectivo, programa de actividades extraescolares (Escolas Deportivas) organizado polo Concello de Mos, iniciativas para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero… etc.


A rexedora local, Nidia Arévalo, e Augusto, edil de Educación, explican que “con este documento dende o Concello de Mos quérese ir máis aló en materias de infancia e adolescencia, analizando puntos fortes e flacos, e detectando onde se pode optimizar o labor municipal nestes eidos; e sempre, por suposto, en consenso coa Comunidade Educativa. Porque teñamos en conta que os nosos nenos/as e mozos/as de hoxe son os adultos mosenses de mañá, os que terán que construír o futuro de Mos e traballar por e para un Mos mellor. Por iso sentando unha boa base, uns bos cimentos, o resultado será un futuro para este Concello do que todos estaremos orgullosos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.